POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 feb 2012

EDITIÑO 4



Afogo co desacougo
buscando non sei que.
(Imaxe baixada de internet)
Non creo que atope nada
cara ó sol e contra o vento.
Virarei.
Que me leve a corrente.



Ahogo de incertidumbre
sin saber lo que busco.
No creo que encuentre nada
hacia el sol y contra el viento.
Giraré.
Que me lleve la corriente.



8 comentarios:

nandina dijo...

Mejor no, con las corrientes que hay, que no te lleve la corriente, Editiño mejor no!!...contra el viento, por favor...!!!!!!!!

Ola a todos e a todas, Madoé, segues con extraordinarios relatos...noraboa

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿Non será que me ves con bos ollos...?

Eutimos dijo...

Dejarse llevar por la corriente...resulta tan tranquilizador, no luchar, no esforzarse, no tratar de lograr lo imposible. El riesgo es que la corriente te lleve a un remolino.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ohhhh! Que boa metáfora e que perversa...

rascacheiro dijo...

Ou ter a sorte de que a corrente te leve a un paraíso perdido!!!

eutimos dijo...

Versión optimista,¡si, señor!

suaseiras dijo...

A corrente sempre te leva, incluso te podes axudar dela, o tema é controlar onde queres ir.

Saúdos Nandina. Por certo, ir contra o vento mantente moi viva, moi desperta, pero ollo...,é moooi cansino che.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que chula a metáfora, suaseiras!

¡Cantas versións da corrente! Aínda vou poñer outra: a min encántame a súa música, pode ser un canto de serea que te envolve, que te atrae...