POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 feb 2012

DESPOIS DAS ARMAS / DESPUÉS DE LAS ARMAS



(Imaxe baixada de internet)
Loita sen armas
na batalla da vida:
neno ex soldado.




Luchan sin armas
los niños ex soldado
buscando vida.


7 comentarios:

Rascacheira dijo...

Vivimos nun mundo tan inxusto! Oxalá as cousas cambien, aínda que soe a utopía... pero como di Galeano:
"La utopía está en el horizonte. Camino dos pasos, ella se aleja dos pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. ¿Entonces para que sirve la utopía? Para eso, sirve para caminar".

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moi sabio, Galeano. Ninguén antes me convencera do sentido da utopía.

suaseiras dijo...

Non sabia que fora de Galeano...
Outra versión da utopía: unha mesa chea de comidas riquísimas cubertas de un fil transparente irrompible, e un con fame, sin poder tocar nin cheirar nin por suposto comer...Para que sirve aquí a utopía? Estou pensando, neste caso a utopía é pura e dura!!!!

(A versión é sacada duns debuxos animados, jejeje)

A loita está sempre no ser vivo,
E non sempre é unha utopía!!!!!!!!!

Madoé, os carácteres de marras, cada vez son máis complicados che.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Suaseiras, non pillo a última frase...

Rascacheira dijo...

Pois eu si que a pillo, si. Cada vez é máis difícil poder enviar comentarios porque o que nos pide escribir se complica por veces.
Agora mesmo, por exemplo, non sei se me aceptará o que escribo...

suaseiras dijo...

Para mandar o comentario, teño que escribir unhas letras, para demostrar que non son unha robot, (seica)
A iso lle chamaba caracteres, que non sei...

Era unha queixa, pero ti non podes facer nada.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ahhhh. Pois non vexo como podo amañalo... Haberá que investigar.