POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 may 2011

TODO / EVERYTHING


O moito pide moito.
O pouco dáse todo,
pero non chega sempre.
De todos xeitos, toma.
De todos xeitos, colle
o pouco todo que che dou.
Non teño máis. Ben pouco é:
só unha alma,
só unha vida
nun pobre corpo, só.


(Imaxe baixada de internet)
Lo mucho pide mucho.
Lo poco se da todo,
pero no llega siempre.
De todas formas, toma.
De todas formas, coge
lo poco todo que te doy.
No tengo más. Muy poco es:
tan sólo un alma
sólo una vida
en un pobre cuerpo, sólo.


A lot asks for a lot.
A little gives everything,
but it's not always enough.
Nevertheless, here.
Nevertheless, take
the little everything I give you.
It's all I have. Very little indeed:
just a soul,
just a life
in a poor body, just that. 

6 comentarios:

suaseiras dijo...

Coa imaxe esta....,case está todo dito, por iso estás ti aí .

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿¿¿¿¿¿.....???????

suaseiras dijo...

....Polo de case....,eh!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Sigo en branco.

Rascacheira dijo...

Ai, que gatiños... !!! Será fotoxó????

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Supoño! Pero están tan chulos e son tan parecidos ós nosos, e víñanme tan ben para o poema...