POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 may 2011

POLÍTICA / POLITICS


Cambiou o político:
cara e discurso novos.
A mesma gaita.
O mundo xira sempre
escorado dun lado.

(Imaxe baixada de internet)


Cambió el político:
cara y discurso nuevos.
La misma gaita.
El mundo gira siempre 
escorado de un lado.



A different politician;
a new face and a new speech.
The same old song.
The world always turns
tilted to one side.

7 comentarios:

suaseiras dijo...

Seica lle subiches o salario o tradutor!?
As caras....,(JETAS) dos políticos poden cambiar, os discursos son sempre os mesmos...,a mesma JAITA!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Jajajaja. Pode ser... Tiña bastante fácil o de subirlle o soldo...

Ti aínda lle deches outa volta de porca ("tuerca", por se acaso...). Como este blog o lea un político, vainos á chepa. :-)

Rascacheira dijo...

A ghaita era galega???

Rascacheira dijo...

Curiosa esa tradución de gaita por old sond... Os ingleses non teñen gaitas??? Eu crin que si, ou será que como a teñen os escoceses...

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Eu que sei! A ver se o tradutor se entera e nos explica...

A gaita do poemiña era internacional, universal, incluso galega...

Rascacheira dijo...

E cal é ese lado?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois o lado da trampa, da falsedade, da hipocresía, dos intereses creados, do poder mal entendido... ¿Sigo?