POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 nov 2010

A PRIMEIRA VEZ / LA PRIMERA VEZ

Pensei que soñaba.
          Freguei ben os ollos
                    e seguía a tentarme.

                               Pensei que morrera
                                         e que estaba no ceo.
                                                   ¿Será Deus azul?

                                                              Freguei ben os ollos
                                                    e seguía ós meus pés.

                                         Botei a correr
                               tirei os zapatos
                     metinme na auga
           deixeime enchoupar
 chorei de emoción…

          Estaba no mar
                    por primeira vez.

                              E vestinme de sal.



Pensé que soñaba.
Restregué los ojos
y seguía tentándome.

Imaginé la muerte
y que estaba en el cielo.
¿Será Dios azul?

Restregué los ojos
mas seguía a mis pies.

Eché a correr
perdí los zapatos
entré en el agua
me dejé calar
lloré de emoción...

Estaba en el mar
por primera vez

Y me vestí de sal.

9 comentarios:

Rascacheira dijo...

As Catedrais?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois si. Aguda, eh...
Aínda que a miña primeira vez foi na Coruña.

suaseiras dijo...

E vestinme de sal...
que ben me fas sentir...con estas cousas!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Non sabes como me alegro! Eu si que me sinto ben con comentarios así. Ás veces dúas palabras compensan mil desacougos.

nandina dijo...

A túa primeira vez foi na Coruña?
Conta, conta...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois a miña primeira vez foi en Riazor, cando tería uns oito aniños. E despois crucei en lancha ata a praia de Santa Cristina. Para rematar o día, perdinme entre os tiovivos das festas de Mª Pita. Esa media hora de angustia é o que máis recordo.

nandina dijo...

Bueno...que me contas?!
Non imaxino esa media hora de angustia que pasaron teos pais.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Se cadra foi algo menos, pero a min rendeume unha eternidade. Fora o tempo que fora, pasárono tan mal coma min polo menos, iso seguro.

Rascacheira dijo...

Moitíiiiiiiiiisimo mellor!!! Onde vas parar??? O son do mar... e ese verso final...