POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 nov. 2010

MALA ENTRAÑA

- ¡Se te moves, disparo!
Notou a presión do frío metal entre as súas vértebras. Quixo virarse, pero un ameazante estalo aconselloulle volverse pétrea. Rebuscou no seu cerebro algún truco para fuxir e só atopou pánico. O pasado e o futuro anoáronse na súa gorxa e viviu nun segundo unha vida eterna. Dispúxose a esperar: o roubo, a violación, a morte… O que menos agardaba era a ferida dunha sarcástica gargallada e un cochiño de xoguete rodando entre os pés. Quixera mellor unha pistola cargada. Chorou de noxo.

  
(Imaxe baixada de internet)
 - ¡Si te mueves, disparo!
Notó la presión del frío metal entre sus vértebras. Quiso volverse, pero un amenazante chasquido le aconsejó quedarse pétrea. Rebuscó en su cerebro algún truco para huir y solo encontró pánico. El pasado y el futuro se anudaron en su garganta y vivió en un segundo una vida eterna. Se dispuso a esperar: el robo, la violación, la muerte... Lo que menos se esperaba era la herida de una sarcástica carcajada y un cochecito de juguete rodando entre sus pies. Hubiera preferido una pistola cargada. Lloró de asco.

2 comentarios:

suaseiras dijo...

Xenial!!

Madoé dijo...

Alégrome de que che guste. Grazas.