A túa cor, o verde:
de esmeralda, de esperanza.
Ou simple provocación.
de doces e tenros fillos
que te redimen.
Cos pés na terra.
Amplas e rudas mans,
brazos de serpe.
Tentas
atraes
envolves
protexes
asombras…
Obsesiónasme.
Adórote, figueira miña.
Quero reencarnarme en ti.
Sobria belleza, sin florituras.
Imponente, pero frágil.
Tu color, el verde:
de esmeralda, de esperanza.
O simple provocación.
Puro contraste.
Femenina. Madre abnegada
de dulces y tiernos hijos
que te redimen.
Pies en la tierra.
Amplias y rudas manos,
brazos serpiente.
Tientas
atraes
envuelves
proteges
asombras...
Me obsesionas.
Te adoro, higuera mía.
Quiero reencarnarme en ti.
10 comentarios:
Preciosa...
Tamén a imaxe.
Seras reencarnada, ou ti en ela, ou ela en ti
Seguro.
Precioso... Non esperaba que suaseiras dixera algunha vez que lle gustaba un poema (risas).
Ten coidado, que son viciosos como os cogomelos...
Umhhh... as figueiras nunca foron do meu agrado... atópoas algo ... como dicir sen molestar?? algo... falsas??? jejeje...
Iso é porque non as coñeces ben (risas). Non son falsas porque non enganan a ninguén, xa todo mundo sabe como son, non dan sorpresas, son auténticas, sen adobíos...Dan o que teñen, sempre, con fartura. E cando vén o frío, éspense da súa sobria fermosura para non eclisar o Sol de inverno ¿Que máis se lle pode pedir?
Arre, demo!!! Todo iso son? E eu pensando mal... aínda que recordo quen rompeu unha perna por subir nela e cando máis animada estaba a cousa (un cestiño xa cheo de figos), unha póla rachou -como o cristal!- e... !!!
Non me estraña, a avaricia rompe o saco, ou incluso as pernas..., polo que se ve. Seguro que lle fixo un favor: para outra vez andaría con máis tino e se cadra aforrou romper algo máis importante. A figueira é tan sabia...
Ai! Madoé que afinidade tes ti con esta árbore..que sexa por moito tempo.
¡Ai, suaseiras,canta retranca...!
Moi ben empastada a música co recitado. Moito luxo para unha figueira tan ... sobria? :-)
Todo é pouco para a sobria figueira, que tanto nos dá.
Publicar un comentario