POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 nov 2010

NAI ETERNA /MADRE ETERNA

(Imaxe baixada de internet)

Meu filliño, non paras de fender o cordón umbilical. Ten compaixón de min, que levo trinta anos remenda que te remenda...


Hijo mío, no paras de darle hachazos al cordón umbilical. Ten compasión de mí, que llevo treinta años zurce que zurce…

6 comentarios:

suaseiras dijo...

Imaxe total!!
Quero decir, totalmente macabra.
Que conste,que vai todo en conxunto,
NAI ETERNA...
REMENDANDO ETERNAMENTE.

Espetache unha música moi suave, bueno...agora que o penso, igual lle fai falta.

Edita Nogueira Tallón dijo...

No da música tes razón, pero xa te darías conta de que os textos DESCLASIFICADOS son moi variados, e como puxen a mesma música para as entradas coa mesma etiqueta... Se cadra nalgúns casos haberá que usar superglú para que pegue.

suaseiras dijo...

Entendo
E do resto...que?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois do resto, nada. O que cala otorga, non? (risas).

suaseira dijo...

O de otorgar así de esa maneira non me vale.
Tamén dependerá un pouco da calidade do cordón,digo eu (ja,ja,ja....)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Seguramente..., non pensara niso. (Non te queixarás, sigo otorgando)