POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

25 abr 2026

LUNÁTICA


Imaxe procedente de internet


A miña nena era moi caprichosa. Unha noite empeñouse en ver o outro lado da Lúa. Non fomos capaces de retela. Colleu unha mochila e foise dicindo que pronto nos enviaría unha foto. Hoxe hai 40 anos. Seguimos esperándoa.




Mi niña era muy caprichosa. Una noche se empeñó en ver el otro lado de la Luna. No fuimos capaces de retenerla. Cogió una mochila y se fue diciendo que pronto nos enviaría una foto. Hoy hace 40 años. Seguimos esperándola.


No hay comentarios: