POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

9 abr 2026

POR ALGO ME CHAMAN DOLORES / POR ALGO ME LLAMAN DOLORES

                                                                                           RECITADO

Máis có pasado que non lembro  

dóeme o que non dou esquecido.

E o presente reumático,  

o futuro raquítico,

os tempos perdidos que non hei recuperar,

as tristuras da parella e demais achegados,

o vicio da docencia 

(presuntamente inútil),

os desatinos vergonzosos

deste mundo (irreversibles).

 

Imaxe de internet (Pixabay)

E dóenme tanto as dores dos fillos 

que me arrepinto de telos parido.

 

 

 

Más que el pasado que no recuerdo   

me duele el que no puedo olvidar. 

Y el presente reumático, 

el futuro raquítico,

los tiempos perdidos que no voy a recuperar,

las tristezas de la pareja y demás allegados,

el vicio de docencia 

(presuntamente inútil), 

los desatinos bochornosos

de este mundo (irreversibles).

 

Y me duelen tanto los dolores de los hijos  

que me arrepiento infinito de haberlos parido.

 

   

No hay comentarios: