POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 may 2025

A MILAGRIÑOS / LA MILAGRITOS

 

Ser moza e orfa de nai solteira sen recursos precipítaa ó futuro máis indigno. Pronto foxe da vila empuxada polos insultos delas e o silencio covarde deles. Varios anos despois, herda a fortuna dun cliente agradecido. Regresa con tratamento de dona á súa casa natal abandonada. Recibe visitas nocturnas mal intencionadas de vellos coñecidos, pero só conseguen cea fría. Ata que un cancro a devora. Deixa testamento a favor do municipio, cunha condición: a vivenda debe transformarse en local social; e a súa calella, en RÚA DA MILAGROSA. O alcalde encárgase de inaugurar ámbolos dous eventos. É a primeira vez que pisa de día ese lugar.

(Imaxe aportada polo concurso "A cunca" (ENTC) como inspiración para o presente relato)

Ser huérfana joven de madre soltera sin recursos la precipita al futuro más indigno. Pronto huye del pueblo empujada por los insultos de ellas y el silencio cobarde de ellos. Varios años después, hereda la fortuna de un cliente agradecido. Regresa con tratamiento de doña a su casa natal abandonada. Recibe visitas nocturnas malintencionadas de viejos conocidos, pero solo consiguen cena fría. Hasta que un cáncer la devora. Deja testamento a favor del municipio, con una condición: la vivienda debe transformarse en local social; y su callejuela, en CALLE DE LA MILAGROSA. El alcalde se encarga de inaugurar ambos eventos. Es la primera vez que pisa de día ese lugar.


No hay comentarios: