Felisa
leva dous días de parto, asistida por unha veciña. Está esgotada. O único da
aldea que posúe motocicleta vai buscar ó médico comarcal. Este, rendido, propón
o quirófano como solución. Pero queda lonxe e é caro. O motorista avisa a un
taxi da vila, que agarda na estrada, a medio quilómetro da vivenda. Xosé, o
marido, pide a un veciño algúns cartos prestados e unha esqueira grande para
usar de padiola. Entre os dous homes trasládana ata o coche. Ó seu paso, as
mulleres rezan; temen o peor.
Milagrosamente sobreviven ambas, nai e criatura. Regresan ó fogar en idénticos medios de transporte. Xosé, convencido de que a escada protexeu as súas vidas, desexa conservala. Ofrece a cambio xornadas de traballos agrícolas sen retribución. O dono rexeita o trato: regálalla. Prométenlle agradecemento eterno.
Cos anos e outras penurias, a esqueira acaba acurrunchada. Felisa sofre dores propias e demencia severa do esposo. Avella a bicos unha fotografía da súa filla emigrante. Cavila. Recorre a Salvadora, así a chamaba. Consegue acomodala en posición vertical. Empeza a escalar. Porta unha corda con nó corredizo. Roga a Deus que os chanzos cheos de couza resistan ata o final.
![]() |
(Imaxe procedente de internet) |
Milagrosamente sobreviven ambas, madre y criatura. Regresan al hogar en idénticos medios de transporte. José, convencido de que la escala protegió sus vidas, desea conservarla. Ofrece a cambio jornadas de trabajos agrícolas sin retribución. El dueño rechaza el trato: se la regala. Le prometen agradecimiento eterno.
Con los años y otras penurias, la escalera acaba arrinconada. Felisa sufre dolores propios y demencia severa del esposo. Avejenta a besos una fotografía de su hija emigrante. Cavila. Recurre a Salvadora, así la llamaba. Consigue acomodarla en posición vertical. Empieza a escalar. Porta una cuerda con nudo corredizo. Ruega a Dios que los peldaños apolillados resistan hasta el final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario