POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

24 mar 2025

AMOR PROPIO


Imaxe procedente de internt


Con terapia, superou a fuxida do seu prometido; non así o trauma por suspender a voda, desperdiciar un vestido carísimo e, sobre todo, quedar sen a viaxe de noivos soñada. As amigas tampouco conseguían animala. E foi murchando lentamente por deficiencia crónica de ilusións. Ata que descubriu o invento denominado sologamia. Despois da matinación correspondente, empregou moitas ganas e tódolos seus aforros en organizar un automatrimonio pomposo, lúa de mel ós fiordes incluída. Pero regresou apesarada do cruceiro. Só ela sabe o motivo: poñerse os cornos co capitán é imperdoable. Non estaba nos seus plans divorciarse tan pronto.



Con terapia, superó la espantada de su prometido; no así el trauma por suspender la boda, desperdiciar un vestido carísimo y, sobre todo, quedarse sin el viaje de novios soñado. Las amigas tampoco conseguían animarla. Y se fue marchitando lentamente por deficiencia crónica de ilusiones. Hasta que descubrió el invento denominado sologamia. Después de la correspondiente rumia mental, empleó muchas ganas y todos sus ahorros en organizar un automatrimonio fastuoso, luna de miel a los fiordos incluida. Pero ha regresado cabizbaja del crucero. Solo ella sabe el motivo: haberse puesto los cuernos con el capitán es imperdonable. No estaba en sus planes divorciarse tan pronto.


 Creado para o concurso A CUNCA de Arzúa. Publicado no libro recopilatorio 2024 de ENTC


No hay comentarios: