POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

26 ago 2019

SOIDADE / SOLEDAD



(Imaxe procedente de internet)



Goza de boa saúde, pero visita seguido ó seu médico queixándose de dores varias e novas. O doutor xa non sabe que máis receitarlle. Ela non toma nada; acumula os medicamentos, repartidos por toda a casa. Fanlle tanta compañía… Sabe que, se algún día os precisa, aí estarán.







Disfruta de buena salud, pero visita a su médico continuamente quejándose de dolores varios y nuevos. El doctor ya no sabe qué más recetarle. Ella no toma nada; acumula los medicamentos, repartidos por toda la casa. Le hacen tanta compañía… Sabe que, si algún día los necesita, ahí estarán.



No hay comentarios: