POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 mar 2018

LEALDADE EQUINA / LEALTAD EQUINA



Severino alardeaba de ser o único veciño motorizado: posuía cabalo. Tanto confiaba nel que ata podía cabalgar durmido.   

Unha noite negra, ante un obstáculo imprevisto, o animal caeu malferido. Severino espertou no chan.   

Sempre repetía que o corcel amortecera o impacto do seu dono coa propia vida.






(Imaxe procedente de internet)




Severino alardeaba de ser el único vecino motorizado: poseía caballo. Tanto confiaba en él que hasta podía cabalgar dormido.

Una noche negra, ante un obstáculo imprevisto, el animal cayó malherido. Severino despertó en el suelo. 

Siempre repetía que el corcel había amortiguado el impacto de su dueño con la propia vida. 

No hay comentarios: