POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 feb. 2017

COMO CHO CONTO / COMO TE LO CUENTO


Unha tardiña bretemosa, a miña cuñada máis eu dispoñiámosnos a deixar o monte e os cogomelos para outro día máis favorable. Non podiamos imaxinar que nos faltaba por vivir a anécdota da xornada: un susto tremebundo. Diante dos nosos fociños, no lugar expedito polo que accederamos minutos antes, unha gadaña vella e enferruxada interrompía o paso. Cando nos demos recuperado do acoro e despois de maxinar sen éxito cal sería a causa real de tal achado, decidimos recolocala axeitadamente e sacarlle unha foto como proba que xustificase a nosa historia incrible.





Un atardecer brumoso, mi cuñada y yo nos disponíamos a dejar el bosque y las setas para otro día más favorable. No podíamos imaginar que nos faltaba por vivir la anécdota de la jornada: un susto morrocotudo. Delante de nuestras narices, en el lugar expedito por el que habíamos accedido minutos antes, una guadaña vieja y oxidada interrumpía el paso. Cuando nos dimos recuperado del sofoco y después de discurrir sin éxito cuál sería la causa real de tal hallazgo, decidimos reubicarla convenientemente y sacarle una foto como prueba que justificara nuestra historia increíble.


No hay comentarios: