POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 ago 2015

TARDE


(Imaxe baixada de internet)
¡Por fin viúva! A ilusión da súa vida: inspirar pena e envexa, ser o centro dos chismes, vestirse de negro integral, mirar a calquera home con descaro e despois rexeitalo facéndose a ofendida... Foi unha mágoa que a pillase o feliz acontecemento atada á cadeira de rodas do xeriátrico.






¡Al fin viuda! La ilusión de su vida: inspirar pena y envidia, ser el centro de cotilleos, vestirse de negro integral, mirar a cualquier hombre con descaro y luego rechazarlo haciéndose la ofendida… Lástima que le haya pillado el feliz acontecimiento atada a la silla de ruedas del geriátrico.



2 comentarios:

suaseiras dijo...

Vaia, faltoulle un detañillo...

Edita Nogueira Tallón dijo...

A vida... que é moi p