POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 ago 2015

EMPACHO


(Imaxe baixada de internet)


Encérrome na despensa. Atranco a porta por dentro. Cando conseguen abrir, xa non hai nada que facer: acabo de morrer, aínda estou quente. O mellor de todo é que esta vez non me remorde a conciencia.







Me encierro en la despensa. Atranco la puerta por dentro. Cuando consiguen abrir, ya no hay nada que hacer: acabo de morirme, todavía estoy caliente. Lo mejor de todo es que esta vez no me remuerde la conciencia.



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Jajaja! "...que morra farto" ;-)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Tanta dieta, tanta dieta... :-)