POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

3 ago 2015

PENÚLTIMO FRECHAZO / PENÚLTIMO FLECHAZO


(Imaxe baixada de internet)

Coñeceuna no taller de lectura, ao que case houbo que levalo a rastro e que agora lle parece interesante. Dende entón, anótase a todas as actividades ás que ela asiste; mesmo inventa doenzas para coincidir en rehabilitación ou masaxes. Hoxe é o home máis feliz do mundo: despois de varios intentos falidos, á fin conseguiu unha cadeira de rodas para el, que lle permitirá poñerse á súa altura e acompañala, roda con roda, nos paseos polo xardín do xeriátrico.




La conoció en el taller de lectura, al que casi hubo que llevarlo a rastras y que ahora le parece interesantísimo. Desde entonces, se anota a todas las actividades a las que ella asiste; incluso inventa dolencias para coincidir en rehabilitación o masajes. Hoy es el hombre más feliz del mundo: después de varios intentos fallidos, al fin ha conseguido una silla de ruedas para él, que le permitirá ponerse a su altura y acompañarla, rueda con rueda, en los paseos por el jardín del geriátrico.


                                                                                                    Inspirado en "Caballo viejo" para RCBS

2 comentarios:

Juan Antonio dijo...

Lo que no mueva ese inexplicable sentimiento, no lo mueve nada ni nadie. Tierna historia, bonito relato :)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitas grazas, moi amable.