POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

13 jun. 2014

NON / NO



Non é máis ca presente. Perdeu polo camiño un pasado inmenso e descoñece que algunha vez tivo futuro. Non distingue entre soños e realidade, nin o solpor do amencer. Come por obrigación, máis menciñas ca alimentos. Non recoñece a filla que a coida nin a súa casa de sempre. Simplemente, vive. Porque non quere ou non sabe marchar.




(Imaxe baixada de internet)

No es más que presente. Perdió por el camino un pasado inmenso y desconoce que alguna vez tuvo futuro. No distingue entre sueños y realidad, ni el atardecer del alba. Come por obligación, más medicinas que alimentos. No reconoce a la hija que la cuida ni su casa de siempre. Simplemente, vive. Porque no quiere o no sabe marchar.




1 comentario:

Rascacheira dijo...

Perfecta descrición da vellez. Terrible pero certa demasiadas veces!