POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 may. 2014

O SEGREDO DE PAPÁ / EL SECRETO DE PAPÁ


Os caixóns de papá non se podían tocar. Esa prohibición facíaos irresistibles e as dúas irmás tíñanos perfectamente controlados: nun gardábanse os cartos, cando había; noutro, vellos documentos manuscritos que non entendían; no máis grande, libros relacionados coa agricultura, ateigados de imaxes, e que xa as sabían de memoria. Pero había un pechado ó que non puideran acceder. Nunha véspera de Reis, rebuscando posibles e, seguramente, escasos agasallos agochados, enriba dun armario apareceu unha pequena chave, que acabou abrindo o caixón misterioso. As dúas rapazas tremían de emoción e de medo. A sorpresa foi triple: “El sí de las niñas”, “La dama de las camelias” e “El método ogino”. Aínda que os títulos non lles dicían nada, as dúas recoñeceron ó unísono os libros que o seu pai mencionaba de cando en vez; os que lía de solteiro ás escondidas, unha e outra vez ata as tantas, sen luz eléctrica, despois de traballar todo o día na leira. Nin se atreveron a tocalos.




(Imaxe baixada de internet)
Los cajones de papá no se podían tocar. Esa prohibición los hacía irresistibles y las dos hermanas los tenían perfectamente controlados: en uno se guardaba el dinero, cuando había; en otro, viejos documentos manuscritos que no entendían; en el más grande, libros relacionados con la agricultura, cargados de imágenes, y que ya se sabían de memoria. Pero había uno bajo llave al que no habían podido acceder. Una víspera de Reyes, rebuscando posibles y, seguramente, escasos regalos escondidos, encima de un armario apareció una pequeña llave, que acabó abriendo el cajón misterioso. Las dos niñas temblaban de emoción y de miedo. La sorpresa fue triple: “El sí de las niñas”, “La dama de las camelias” y “El método ogino”. Aunque los títulos no les decían nada, las dos reconocieron al unísono los libros que su padre mentaba de vez en cuando; los que leía de soltero a escondidas, una y otra vez, hasta las tantas, sin luz eléctrica, después de trabajar todo el día en el campo. Ni se atrevieron a tocarlos.

Creado para ENTC

2 comentarios:

Suaseiras dijo...

Certa nostalxia...Aínda que no meu caso (estou segura) Iste tipo de segredo era por medo, medo!!

Madoé dijo...

No caso do protagonista, creo que sería máis por vergonza ca por medo...