POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

26 abr. 2014

GATO POR LEBRE / GATO POR LIEBRE




(Imaxe baixada de internet)
Buscou, inutilmente, en todo tipo de tendas. Ó fin, conseguiunas en internet. Tivo que superar o seu receo a mercar “por telepatía”, como ela lle chama, para facer o pedido. Desde que recibiu o paquete, tódolos días á tardiña, colle o coche  e trasládaas a un pequeno monte que adquiriu a propósito. Disponas segundo o seu hábitat preferido; unhas, illadas; outras, en corros… Ó amencer, vainas recoller. Antes de regresar, fai o tempo ata que o veciño fisgón se coloca detrás da cortina, e aparece ela co cesto ateigado  de flamantes cogomelos de plástico.





Buscó, inútilmente, en todo tipo de tiendas. Al final,  las consiguió en internet. Tuvo que superar su recelo hacia la compra “por telepatía”, como ella la llama, para hacer el pedido. Desde que  recibió el paquete, cada atardecer, coge el coche y las traslada a un pequeño monte que adquirió al efecto. Las dispone según su hábitat preferido; unas, aisladas; otras, en corros… De madrugada, las va a recoger. Antes de regresar, hace el tiempo hasta que el vecino fisgón se coloca detrás de la cortina, y aparece con el cesto repleto de sus flamantes setas de plástico. 

                                    Seleccionado e publicado no libro do Cuarto Certamen de MICRO MICO RELATOS San Jorge

2 comentarios:

Rascacheira dijo...

E por que ten esa obsesión co veciño???

Madoé dijo...

Non é obsesión, é mala uva, quere fastidialo por ser tan fisgón. :-)