POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 abr. 2014

DE PEDRA / DE PIEDRA


(Imaxe baixada de internet)

O tribunal apreciou certa rixidez na súa mirada. Acabou de oír, non de escoitar, a súa longa exposición. Agardaban que se retirase e que pasase canto antes o seguinte opositor; aínda lle quedaban moitos que aguantar. Pero non se moveu. Seguía de pé, sen pestanexar. Non houbo maneira de retiralo. Alí quedou para sempre, en honor do eterno aspirante a funcionario. Chámanlle a Estatua da Frustración.





El tribunal apreció cierta rigidez en su mirada. Acababan de oír, que no escuchar, su larga exposición. Esperaban que se retirara y que  pasara cuanto antes el siguiente opositor; todavía les quedaban muchos por aguantar. Pero no se movió. Seguía de pie, sin pestañear. No hubo forma de retirarlo. Allí se quedó para siempre, en honor del eterno aspirante a funcionario. Le llaman la Estatua de la Frustración.

Escrito para REC

2 comentarios:

suaseiras dijo...

hahahaha Moi bo.

Madoé dijo...

Pois moitas grazas.