POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 feb. 2014

DESUBICADO


Espertouno o frío. Alegrouse de que xa estivese amencendo. Estrañoulle o silencio absoluto, nada habitual naquel lugar. Axiña comprendeu o que sucedía: caera unha boa nevarada que amortecía os sons. Era a primeira vez que contemplaba semellante espectáculo. Ergueuse e, abrigándose canto puido, botouse a camiñar sobre a branca alfombra. Pero ó instante observou que non era o primeiro en facelo. Como se deitara completamente só, chocoulle ver aquelas pegadas profundas que o precedían. A curiosidade fíxolle continuar tralo rastro, con certo medo e moita precaución. O camiño marcado serpeaba, subía, baixaba... E sen apartar os ollos do chan, foino seguindo, coma hipnotizado. De súpeto, atónito, queda paralizado ó comprobar que os seus pasos o devolveron ó acocho onde pasara a noite; sobre o seu xergón vello, cuberto cos seus mesmos cartóns, unha persoa idéntica a el dorme profundamente.



(Imaxe baixada de internet)
El frío lo despertó. Se alegró de que ya estuviera amaneciendo. Le sorprendió el silencio absoluto, nada habitual en aquel lugar. Enseguida comprendió lo que sucedía: había caído una gran nevada que amortiguaba los sonidos. Era la primera vez que contemplaba semejante espectáculo. Se levantó y, abrigándose todo lo que pudo, se dispuso a caminar sobre la blanca alfombra. Pero al instante observó que no era el primero en hacerlo. Como se había acostado completamente solo, le chocó ver aquellas huellas profundas que lo precedían. La curiosidad le hizo seguir el rastro, con cierto miedo y mucha precaución. El camino marcado serpenteaba, subía, bajaba... Y sin apartar los ojos del suelo, lo fue siguiendo, como hipnotizado. De repente, atónito, se queda paralizado al comprobar que sus pasos lo han devuelto al escondrijo donde había pasado la noche; sobre su colchón viejo, cubierto con sus mismos cartones, una persona idéntica a él duerme profundamente.

Creado para ENTC

2 comentarios:

David Rubio dijo...

Magnifico micro. Esa imagen perturbadora de seguir un camino ya trillado, un bucle del que no se sale. Es desolador. Saludos

Madoé dijo...

Sorprendida e agradecida polo comentario.