POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 feb. 2013

A CELESTINA / LA ALCAHUETA



(Imaxe baixada de internet)
Devecían un polo outro. Aínda que podían verse, tiñan prohibido calquera xeito de contacto. Todo o mundo dicía que eran novos de máis. Por desgraza, eu comprendía moi ben a súa tortura. Así que decidín propiciar o encontro. Desde o primeiro instante, diante dos meus ollos, o desexo contido desfíxose en xogos e aloumiños. Sentín pudor alleo e, con sumo coidado, trasladei a gaiola a un lugar máis recollido. Agradecéronmo cunha hora longa de rechouchíos imposibles. Despois, silencio absoluto.



Suspiraban el uno por el otro. Aunque podían verse, tenían prohibido cualquier tipo de contacto. Todo el mundo decía que eran demasiado jóvenes aún. Por desgracia, yo comprendía muy bien su tortura. Decidí, pues, propiciar el encuentro. Desde el primer instante, ante mis ojos, el deseo contenido se deshizo en juegos y arrumacos. Sentí pudor ajeno y, con sumo cuidado, trasladé la jaula a un lugar más recogido. Me lo agradecieron con una hora larga de trinos imposibles. Después, silencio absoluto.

Publicado no libro CACHITOS DE AMOR II, resultado da seleción de relatos do II Concurso de Microrrelatos Románticos ACEN.

1 comentario:

suaseiras dijo...

Isto recórdame unha peli, non eran paxariños, neste caso, eran persoas noviñas con problemas serios de saúde- Graciasadios- que apareceu tamén unha concubina....