POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 dic 2012

¡POBRIÑOS! / ¡POBRECITOS!



(Imaxe baixada de internet)
Créanme, non queremos arruinarlle a vida a ningún cidadán, quentarlle a cabeza, chuparlle o sangue…; e aínda menos, que se sinta excluído da sociedade, coma apestado. Preocúpanos especialmente o dano que poidamos causar ós nenos, que case sempre acaban sendo os que sofren as peores consecuencias. Sentimos moito non poder evitar o incremento do gasto farmacéutico, polo sacrificio que lles supón ás familias máis humildes. Comprendemos os ataques verbais que nos dedican, e ata xustificamos algunhas agresións físicas ou químicas.  Pero… ¿pensou alguén en que nós tamén temos familia? Os piollos só intentamos sobrevivir…



(Imaxe baixada de internet)
Créanme, no queremos arruinarle la vida a ningún ciudadano, comerle el coco, chuparle la sangre…; y mucho menos, que se sienta excluido de la sociedad, como apestado. Nos preocupa especialmente el daño que podamos causar a los niños, que casi siempre acaban siendo los que sufren las peores consecuencias. Sentimos mucho no  poder evitar el incremento del gasto farmacéutico, por el sacrificio que supone a las familias más humildes. Comprendemos los ataques verbales que nos dedican, y  hasta justificamos algunas agresiones físicas o químicas. Pero… ¿ha pensado alguien en que nosotros también tenemos familia? Los piojos sólo intentamos sobrevivir…

7 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Pero que muy original!me ha encantado su sorprendente final.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que alegría! O máis complicado foi conseguir imaxes axeitadas e que non descubriran o segredo. :-)

Eutimos dijo...

Pues lo has conseguido plenamente

Rascacheira dijo...

Estou de acordo.
Había un tempiño que non pasaba por aquí (xa sabes... avaliacións e demais) e alégrome de ver que todo segue, que a vida segue, que o mundo xira e ti segues a facer uso da túa mellor imaxinación, ironía, retranca, crítica, sátira, e humor acedo... Quedaríame algo no tinteiro?

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Hala, hala! Ti hoxe queres algo. A ver, pide por esa boquiña... :-)

suaseiras dijo...

Moi boa!! aínda me rin un pouco.
Humor gris marengo, canta retranca temos neste país....!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Débeche ser a chuvia... Por algún lado tiña que pingar tanta auga...