POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 dic. 2012

INOCENTE…


Aínda que sexa xa o día 28 de decembro, non pode resistir máis a chamada queixosa do seu vello cesto. Quédanlle moitos meses de repouso obrigado. Así que, coa escusa de sacudir o exceso de turróns, sae. A intuición lévaa a un pequeno souto, bastante a monte, entre fincas con cans impertinentes que a delatan, moi ó seu pesar. Houbo sorte: uns hydnum repandum pasados e tres cantharellus cibarius raquíticos, ¡os primeiros do ano!. Segue remexendo, entusiasmada, entre as follas secas. Xa non oe os ladridos, nin se acorda da comida que deixou ó lume.



(Imaxe baixada de internet)
Aunque sea ya el día 28 de diciembre, no puede resistir más la llamada lastimosa de su viejo cesto. Le esperan muchos meses de reposo obligado. Así que, con la escusa de sacudir el exceso de turrones, sale. La intuición la lleva a un pequeño bosque de frondosas, bastante a monte, entre fincas con perros impertinentes que la delatan, muy a su pesar. Hubo suerte: unos hydnum repandum pasados y tres cantharellus  cibarius raquíticos, ¡los primeros del año! Sigue revolviendo, entusiasmada, entre la hojarasca. Ya no oye los ladridos, ni se acuerda de la comida que dejó al fuego.



                                                                      (Seleccionado e publicado no  Segundo Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE)

3 comentarios:

Eutimos dijo...

Te olvidaste de traducir la última línea. Menos mal que ya voy pillando tu lengua.;))

Madoé dijo...

ja ja ja. Grazas polo aviso. Levo uns días coa cabeza chea de máis.

suaseiras dijo...

Jajajajaj Non a culpes---!!