POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 dic 2012

POBRE INOCENTE


Querido papá:
Estouche escribindo no meu caderno de Lingua porque a profe púxonos de deberes unha carta a un familiar que estea fóra. ¿Ti onde estás, cerca ou lonxe? Xa hai varios días que non vés pola casa. Cada vez que lle pregunto a mamá por ti, ponse a chorar. Xa ten os ollos negros. Chora seguido. Eu creo que lle doe o beizo rompido e o brazo que leva enxesado. Díxome que caeu. ¿Ti sabes como ocorreu?
Se cadra estás enfadado polo que pasou o outro día. Perdóame, papá, foi sen querer. Eu entrei no voso cuarto sen chamar porque me espertaron os berros de mamá. Estabades xogando ás pelexas pero eu non o sabía e asusteime. Non te preocupes polo golpe que me deches, a culpa foi miña. Dóeme moito menos ca aquela vez que tiveches que pegarme co cinto porque fun mala. ¿Por que mamá me levou correndo á casa da veciña? Durmimos alí as dúas, e pola mañá, cando volvemos, ti xa non estabas. ¿Sentouche mal que te deixaramos soíño, non si?
Vouche contar unha cousa que me pasou onte na escola. ¿Acórdaste de Miguel, o máis listo da clase? Estabamos no recreo e díxome que ti non podes estar con nós porque es un maltratador. Como non o entendín, funllo preguntar á mestra e castigouno. Debe ser algo malo, un taco ou así.
Papá, por favor, volve axiña. Os avós tamén están moi tristes sen ti.
(Imaxe baixada de internet)
Moitos bicos da túa nena Madoé.


Querido papá: 
Te estoy escribiendo en mi cuaderno de Lengua porque la profe nos ha puesto de deberes una carta a un familiar que esté fuera. ¿Tú en dónde estás, cerca o lejos? Ya hace varios días que no vienes por casa. Cada vez que le pregunto a mamá por ti, se pone a llorar. Ya tiene los ojos negros. Llora seguido. Yo creo que le duele el labio roto o el brazo que lleva escayolado. Me ha dicho que se cayó. ¿Tú sabes cómo ocurrió?
A lo mejor estás enfadado por lo que pasó el otro día. Perdóname, papá, fue sin querer. Yo entré en vuestro dormitorio sin llamar porque me despertaron los gritos de mamá. Estabais jugando a las peleas pero yo no lo sabía y me asusté. No te preocupes por el golpe que me diste, la culpa fue mía. Me duele mucho menos que aquella vez que tuviste que pegarme con el cinturón porque fui mala. ¿Por qué mamá me llevó corriendo a casa de la vecina? Dormimos allí las dos, y por la mañana, cuando volvimos, tú ya no estabas. ¿Te sentó mal que te hubiéramos dejado solito, verdad?
Te voy a contar una cosa que me pasó ayer en el colegio. ¿Te acuerdas de Miguel, el más listo de la clase? Estábamos en el recreo y me dijo que tú no puedes estar con nosotras porque eres un maltratador. Como no lo entendí, se lo fui a contar a la maestra y lo ha castigado. Debe ser algo malo, un taco o así.
Papá, por favor, vuelve pronto. Los abuelos también están muy tristes sin ti.
Muchos besos de tu niña Madoé.

6 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Qué difícil es dejar de querer a un padre y aceptar que él no nos quiere!
Los juegos de culpabilidad son tremendos con tal de entender algo que duele tanto.Y el silencio cómplice de algunos adultos cuando un niño dice la verdad.

suaseiras dijo...

Os nenos de idade escolar saben cando hai maltrato na casa, non??, aínda que non lle chamen así. Pregunto, non teño nin idea.

O relato mostra ben a dureza do transfondo. É moi duro.

Non recoñecería o escrito como teu.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Depende da idade e depende, sobre todo, do que vexan, do que oian, do que lles digan... A mente humana ten recursos para sobrevivir e un deles debe de ser o de ignorar cousas que nos fan sofrir de máis.
De todos xeitos, acepto a enmenda: aínda que foi adrede, seguramente peque de excesiva inocencia.
Non parece meu... Tamén niso tes razón, non é un tema cómodo para mín. Foi feito por encargo cerebral, para un concurso que me gañou Rascacheira. :-)

suaseiras dijo...

Non foi a miña intención xulgar nada. Deus me libre!!!

Xa que estou...A criatura é carne de cañón para unha futura maltratada. Neste caso (nun suposto) por exemplo, ou a mestra daríase conta do que pasa...Dende as escolas tamén se vixilan estes temas, non??.

Parabéns a Rascaheira!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois a min encántame que o fagas, que opines, que xulgues, que critiques... Eu xa me defenderei, se podo; e se non, aprendo, reflexiono...

Si, na escola faise o que se pode...

Rascacheira dijo...

GRAZAS, Suaseiras! O meu texto non foi tan tremendo coma este (disfraceino con personaxes "animalizados"). E tedes razón en todo. Eu só podo pensar "Criaturas!!!".