POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

17 jul 2012

LOLA G. B.

Pito serodio.
O quinto xa era mozo 
e chegou de sexta
para sorpresa de súa nai
e sorte de todos.
Estaba escrito: 
faltaba un puntal na casa
e chegou con ela.
Mamou miseria de aldea rica,
como era antes, 
(Imaxe baixada de internet)
fartura de pan e fame de todo
o que non se come.
Criouse, ¡que remedio! 
Forte, escrava, sufrida e tenra.
Muller completa, ata enfermeira.
Sabia sen títulos, non os precisa.
Cantaba ó alto alindando as vacas;
mais cambiou cantares
por melodía de tractor espurio
sen grandes traumas.
Casou por gusto e por tradición.
E retoñou, brotando dela
dúas flores belas que a renovan.
Regou con bágoas un dos retoños
que así medrou.
Tamén ela medra
bebendo tragos de vida nova,
sempre coa raíz na terra
e xenerosidade a feixes.
Debe saber o mundo
canto lle debe. ¡Xa era hora!



(Imaxe baixada de internet)
Cría tardía.
El quinto ya era mozo 
y llegó de sexta
para sorpresa de su madre
y suerte de todos.
Estaba escrito: 
faltaba un puntal en casa
y llegó con ella.
Mamó miseria de aldea rica,
como era antes,
hartura de pan y hambre de todo
lo que no se come.
Se crió, ¡qué remedio!
Fuerte, esclava, sufrida y tierna.
Mujer completa, hasta enfermera.
Sabia sin títulos, no los precisa.
Cantaba alto apacentando vacas;
mas cambió cantares
por melodía de tractor espurio
sin grandes traumas.
Casó por gusto y por tradición.
Y retoñó, brotando de ella
dos flores bellas que la renuevan.
Regó con lágrimas su primer retoño
que así creció.
También ella crece
bebiendo sorbos de vida nueva 
siempre con la raíz en tierra
y generosidad al viento.
Debe saber el mundo 
cuánto le debe. ¡Es el momento!


15 comentarios:

eutimos dijo...

Lola debe sentirse muy orgullosa de ser como es y de que tu lo pregones tan bien

Edita Nogueira Tallón dijo...

Nacemos no mesmo cacho de terra, fomos xuntas á escola, compartimos alegrías e penas, ata na distancia... É unha amizade eterna.

Rascacheira dijo...

As amizades de sempre, as eternas como ti lles chamas tan ben, son un regalo dos deuses, non credes? Teñen tanta historia detrás que case poderiamos escribir un libro de vivencias comúns que fose unha "historia universal". E falando diso, lestes un libro dun asturiano (Xuan Bello)que se titula: Historia universal de Paniceiros?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois non recordo telo lido..., aínda que non signifique exactamente que non o lese. Xa sabes, a memoria non é o meu forte...

suaseiras dijo...

As imaxes son baixadas de internet!??
De onde?
Que é Pito serodio?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si, as imaxes son de internet. ¿Onde? En Google imaxes, claro. Vaiche boa... Se as volvo atopar, cóntoche.

Pito serodio é difícil de traducir, pero traducino ó castelán máis ou menos. Bótalle un vistazo a ver se o entendes.

suaseiras dijo...

Mira que son parva, non se me dou por mirar a traducción, muller.

O das imaxes era só curiosidade. Sei de varios sitios onde atopalas.

O poema a LOLA G. B. Co teo permiso, dedícollo a moitas mulleres que coma ela son tan importantes e necesarias, E O MUNDO NUNCA FALA DELAS.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Muller, o de non mirar a tradución non é sinal de parva, a min ata me gustou, é sinal de que les en galego estupendamente.

¿E tesme que pedir permiso para iso? É unha idea estupenda.

carnota dijo...

Gustoume e emocionoume porque ese "pito serodio" foi a alegría desa casa e da Ribeira.
Ten razón Suaseiras en dicir que hai mulleres moi valiosas que parece que non o son. Para isto están as poetas amigas, para facer bonito o cotidiano e evidente.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ohhh! ¡Que bonito, que bonito...!

Anónimo dijo...

Caramba! Qué sorpresa máis grata! A protagonista está toda emocionada,un pouco abraiada -e con sentimento de culpa- por iso de que le este espazo tan rico en palabras moi de vez en cando... Desculpándose, Lola G. B agradece enormemente o xesto e mándalle á autora desta bitácora unha fortísima aperta. Bicos!

Retoño pequeno dijo...

Mil disculpas pola tardanza en decatarnos da existencia deste poema que tanto orgullo me transmite. Non podo evitar emocionarme e sentir que cada un dos versos relatan momentos da vida da muller que me deu a vida e a que lle debo todo o que son; pilar fundamental da vida de moitas persoas e como non, da miña.
Grazas. Moitas grazas.

SilviaPG dijo...

Desexando contar eu con unha amizade eterna como a que profesades, a flor maior regada e ben mantida, agradece estas fermosas e verdadeiras verbas… Creo firmemente que non hai outras -nin máis palabras- que a describan mellor.
Agardo verte axiña por este ‘cacho de terra’ e oírte parolar con esta persoa ‘forte, escrava, sufrida e tenra’, entregada e xenerosa… É un gran pracer vervos xuntas.

Saúdos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

"Nunca es tarde cuando la dicha es buena". Estou encantada de que me leades cando poidades ou cando queirades, son eu a que teño que estar agradecida. E moito máis ó ler eses fermosos comentarios. A ver cando nos vemos.

carnota dijo...

Señora Madoé, os encontros pódense provocar...