POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 mar 2012

VIAXE ESCURA / VIAJE OSCURO

(Imaxe baixada de internet)

O ceo, gris.
E grises os bidueiros
desde a distancia.
Fiel solidaridade
co meu sentir de inverno.



El cielo, gris.
Grises los abedules
en la distancia.
Fiel solidaridad 
con mi sentir de invierno.

9 comentarios:

Eutimos dijo...

Deja que entre un rayo de sol en ese impresionante paisaje invernal.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Intentareino... Xa as nubes son algo menos densas.

suaseiras dijo...

NECESITO CHOIVA,SOCORRO!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Chuvia e sol: arco da vella. ¡Perfecto!

Rascacheira dijo...

Choiva??? Meu deus, si, xa sei eu o campo a pide a berros, pero ... este soliño tan rico que temos, este ceo azul mañanceiro, esta caloriña para pasear... Debería vivir fóra de aquí, xa o sei...

carnota dijo...

O inverno tamén ten o seu aquel. É como quedar unha tarde dun domingo paponeando para películas tontas mentres esperas polo estrés do luns. É aburrido pero senta ben.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Hai moitas clases de inverno...

carnota dijo...

O inverno é o inverno: un momento,unha etapa, un estado e incluso unha estación. Sempre un lugar de paso.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ferpeta a definición! Que iluminada te vexo...