POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

24 mar 2012

MAL DE NARICES

         
A súa noiva de toda a vida deixouno. Desde aquela, hai xa case dúas semanas -unha eternidade- aliméntase exclusivamente de lembranzas: fotos, obxectos persoais, lugares... e, sobre todo, aromas. O café, o xel da ducha ou o tabaco fálanlle de Marta.

Pero hai unhas horas que non consegue recordar o seu arrecendo, aquel que o volvía tolo; o que antes de que ela timbrase, facíao saltar do sofá e abrir a porta. Nin sequera se pode acordar da marca do perfume que usaba, para ir mercalo como fixera en tantas ocasións. Con isto non contaba. ¡Tiña que facer algo!

(Imaxe baixada de internet) 
E o que fixo foi buscar sen descanso o escondedoiro  de Marta. Pero cando a tivo ó alcance do olfacto,  quixo morrer: ela ulía a home.



Su novia de toda la vida lo ha dejado. Desde entonces, hace ya casi dos semanas -una eternidad- se alimenta exclusivamente de recuerdos: fotos, objetos personales, lugares… y, sobre todo, aromas. El café, el gel de la ducha o el tabaco le hablan de Marta.

Pero hace unas horas que no consigue recordar su olor, aquel que lo volvía loco; el que antes de que ella timbrase, lo hacía saltar del sofá y abrir la puerta. Ni siquiera se puede acordar de la marca del perfume que usaba, para ir a comprarlo como había hecho en tantas ocasiones. Con esto no contaba. ¡Tenía que hacer algo, no podía soportarlo!

Y lo que hizo fue buscar sin descanso el escondite de Marta. Pero cuando la tuvo al alcance del olfato, quiso morirse: ella olía a hombre.

5 comentarios:

Eutimos dijo...

Es el inconveniente de guiarse por el olfato. A veces se percibe lo que uno no querría percibir.

carnota dijo...

Os aromas é o último que se perde ou non se perde nunca. Se hai unhas horas que perdeu o olor, que descanse e non siga buscando. Encontre o que encontre nunca lle volverá ulir igual.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Direillo, da túa parte...

suaseiras dijo...

Non acabo de pillar isto...eu,uso sempre colonias de homes,uffff!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Se cadra non ulía a colonia precisamente...