POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 may 2011

ÚLTIMA ESTACIÓN

          E amarrouse á vía do tren. Porque xa non podía nin quería seguir vivindo. Despois de varios meses no paro, acababa de tirar no xogo o último cartucho dos seus minguados aforros. Faltáballe valor para comunicarlle á súa ex-muller que non podería pasarlle a pensión alimenticia das súas nenas. Xa non era marido, nin pai, nin home; así que deixaría tamén de ser persoa....
          Pero o tren chegou con retraso abondo para que houbese tempo de sobra de retiralo de alí pola forza. Hoxe non terá máis remedio ca seguír vivindo.


(Imaxe baixada de internet)

            Y se amarró a la vía del tren. Porque ya no podía ni quería seguir viviendo. Después de varios meses en el paro, acababa de tirar en el juego el último cartucho de sus menguados ahorros. Le faltaba valor para comunicarle a su ex-mujer que no podría pasarle la pensión alimenticia de sus niñas. Ya no era esposo, ni padre, ni hombre; así que dejaría también de ser persona…
            Pero el tren llegó con el retraso suficiente para que hubiera tiempo de sobra de retirarlo de allí por la fuerza. Hoy no tendrá más remedio que seguir viviendo.

3 comentarios:

suaseiras dijo...

Que fatalidade!!

Anónimo dijo...

la etiqueta lo dice...dolor y lágrimas.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Onte houbo problemas con Blogger e eliminouse esta última entrada (hoxe púxena outra vez) e os últimos comentarios, que non puiden recuperar. Síntoo.