POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 sept 2010

PRANTO / LLANTO

Cando intuía ver luz                                                 recitado
e nun intre xa é de noite,
cristalizan en espiñas
as inútiles bágoas.
 
E choro cara a dentro.  

(Imaxe baixada de internet)
Cando esperando un sinal
chega outro día máis gris,
o futuro xa é pasado
disfrazado de presente. 

E sigo a chorar dentro.

Cando afogo de impotencia
e de cósmica inxustiza,
a negra desesperanza
trócase dor e xenreira. 

Rexeito chorar dentro. 

Desexo morrer de pena,
inmolarme en sacrificio
a eses deuses que non creo
por vingarse no meu fillo. 

Pero choro por dentro.


Cuando intuía ver luz
y al instante ya es de noche,
cristalizan en espinas
las inútiles lágrimas.

Y lloro hacia dentro.

Cuando esperando señales
llega otro día más gris,
el futuro ya es pasado
disfrazado de presente.

Y sigo llorando dentro.

 Cuando asfixio de impotencia
y de cósmica injusticia,
la negra desesperanza
se vuelve dolor y odio.

 Rechazo llorar dentro.

Deseo morir de pena,
inmolarme en sacrificio
a eses dioses que no creo
por vengarse en nuestro hijo.

 Pero lloro por dentro.

9 comentarios:

CARNOTA dijo...

Desgarrador. Forte demáis para o meu gusto.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si, de acordo; pero ás veces as circunstancias ditan, mandan, impoñen...

suaseiras dijo...

Dime madooé
si o futuro xa é pasado
disfrazado de presente... (efémero)
como sige a chorar dentro?
(si xa non existe)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Gústache meterme en apuros, eh...Pois direiche que a poesía é tamén iso: palabras, palabras, palabras...
Pero intentarei xustificarme un chisco. Quería dicir que sufría por adiantado o que me esperaba no futuro porque xa sabía que sería igual ca no pasado. Resumindo: pasado + futuro = presente = 0

suaseiras dijo...

Temos moita sorte en disfrutar, incluso desafogar cas palabras e mais palabras que pintas tí e outros coma ti de... poesía.
(vamos por bo camiño, suaseiriñas)
Pero...
pasado+presente+futuro=figueira
calma!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿? Perdinme, vas ter que resolverme a ecuación a ver se me aclaro...

suaseiras dijo...

O conto queda aí.
Ou é que xá te atopaches?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois non, aínda non me atopei, pero se o conto queda aí..., que quede, logo.

suaseiras dijo...

Pensei que ías entrar ó trapo.....decepcionada? non, son consciente da ventaxa que me levas.