POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 sept 2010

LEVITACIÓN

(Imaxe baixada de internet)



Soñando, cada noite, levitaba sobre os seus problemas coma ingrávido astronauta. Contan que un día, tanto se elevou, que non puido descender. E desde aquela, vive na súa Lúa particular.



Soñando, cada noche, levitaba sobre sus problemas como ingrávido astronauta. Cuentan que un día, tanto se elevó, que no pudo descender. Y desde entonces, vive en su Luna particular.

8 comentarios:

Begoña dijo...

Pois que ben se debe estar nunha lúa particular, sen ruídos nin contaminación. Pero... haberá mar?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Nesa Lúa particular pode haber todo o que se queira, ou o que se imaxine, que vén sendo o mesmo.

CARNOTA dijo...

Vamos, "se le fue la olla". Bonita maneira de escaparse: un astro privado ¡Case nada!

Edita Nogueira Tallón dijo...

A fantasía pode ser moi poderosa, moi rica...

suaseiras dijo...

Alguén que veo de volta, un dia comentou que na súa lúa particular as casiñas eran redondas...eu non sei...!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que interesante poder charlar con alguén que veu de volta! A ver cando mo presentas...

suaseiras dijo...

De charlar nada, comentarios soltos, algo de sexo e de volta a sua lúa...
tampouco te creas...!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

(Risas) Xa non fai falta que mo presentes, creo que sei quen é...