POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 jul. 2010

MEU AMIGO / AMIGO MÍO /

Amigo meu.
(Imaxe baixada de internet)
O mellor dos compañeiros.
Un dos mellores cachos
dos poucos cachos bos
da miña vida.
Fáiseme pequeno o tempo
se estou contigo,
e sen querer, e quero,
estás comigo en soños.
Tamén estou contigo
a carón dos teus desexos,
que son os meus.
Quixera que soubeses                                      recitado
todo isto e algo máis.
Quixera que me oíses pensar                       
e que entendeses sen falar
que estou contigo,
meu amigo.


Amigo mío.
El mejor compañero.
Uno de los mejores trozos
de los pocos trozos buenos
de mi vida.
Se me hace pequeño el tiempo
si estoy contigo,
y sin querer, y quiero,
estás conmigo en sueños.
También estoy contigo
pegada a tus deseos,
que son los míos.
Quisiera que supieras
todo esto y algo más.
Quisiera que me oyeras pensar
y que entendieras sin hablar
que estoy contigo,
amigo mío.

3 comentarios:

Rascacheiro dijo...

Que gatiños, que gatiños, que gatiños!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Perdinme no texto por mirar a ese par de bichiños. Mellor que os saque o autor/a se non quere que os comentaristas nos desviemos do tema principal.
Carnota

Madoé dijo...

É que os gatos son moi gatos...