POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 jul. 2010

EPITAFIOS


(Imaxe baixada de internet)
Viviu como quixo.
Morreu como puido.


Vivió como quiso.
Murió como pudo.
..................................................

Inmigrante. Buscándose a vida, atopou a morte.


Inmigrante. Buscándose la vida se encontró la muerte.
...............................................................................

O medo á morte non me deixou vivir.


El miedo a la muerte me impidió vivir.
..............................................................................

Daría a miña vida por non estar morto.


Daría mi vida por no estar muerto.
..............................................................................

Se o fin da vida é a morte, non quero nin imaxinar o que me agarda ó final da morte…


Si el fin de la vida es la muerte, no quiero ni imaginar lo que me espera al final de la muerte…
.............................................................................

Sigo buscando a Deus. Cando o atope, aviso.


Sigo buscando a Dios. Cuando lo encuentre, aviso.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Encántame o tono satírico destes desclasificados. A música paréceme demasiado seria para o tema. Eu poñería algo máis "rachador"
Carnota

Madoé dijo...

Bueno..., pensando que os epitafios están nos cemiterios..., ocorréuseme poñerlle unha música triste.