POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

26 ago 2022

CUESTIÓN DE CONCEPTO

 

Toda unha vida costa arriba intentando alcanzar o ceo. Cando xa o roza coa man e pode velo de cerca, dálle un ataque de risa, perde o equilibrio e cae rodando a gran velocidade. Nunca antes se divertira tanto. Se consegue chegar enteiro abaixo, subirá de novo, pero con máis brío. Acaba de descubrir que a súa felicidade non está na gloria prometida, senón na caída libre.

(Imaxe procedente de internet)

 

Toda una vida cuesta arriba intentando alcanzar el cielo. Cuando ya lo roza con la mano y puede verlo de cerca, le da un ataque de risa, pierde el equilibrio y cae rodando a gran velocidad. Nunca antes se había divertido tanto. Si consigue llegar entero abajo, subirá de nuevo, pero con más brío. Acaba de descubrir que su felicidad no está en la gloria prometida, sino en la caída libre.

 


(Publicado no libro EMOCIONARIO, recopilatorio 2021 de ESTA NOCHE TE CUENTO)

No hay comentarios: