POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

Mostrando entradas con la etiqueta DOR E BÁGOAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DOR E BÁGOAS. Mostrar todas las entradas

9 abr 2026

POR ALGO ME CHAMAN DOLORES / POR ALGO ME LLAMAN DOLORES

                                                                                           RECITADO

Máis có pasado que non lembro  

dóeme o que non dou esquecido.

E o presente reumático,  

o futuro raquítico,

os tempos perdidos que non hei recuperar,

as tristuras da parella e demais achegados,

o vicio da docencia 

(presuntamente inútil),

os desatinos vergonzosos

deste mundo (irreversibles).

 

Imaxe de internet (Pixabay)

E dóenme tanto as dores dos fillos 

que me arrepinto de telos parido.

 

 

 

Más que el pasado que no recuerdo   

me duele el que no puedo olvidar. 

Y el presente reumático, 

el futuro raquítico,

los tiempos perdidos que no voy a recuperar,

las tristezas de la pareja y demás allegados,

el vicio de docencia 

(presuntamente inútil), 

los desatinos bochornosos

de este mundo (irreversibles).

 

Y me duelen tanto los dolores de los hijos  

que me arrepiento infinito de haberlos parido.

 

   

19 feb 2026

DIÓXENES / DIÓGENES


Aínda que Dna. Carmen sempre se negaba a abrir a porta a ninguén, esa vez era evidente que urxía prestarlle axuda. Ultimamente non saía da casa nin para visitar os contedores do lixo. Ademais do balbordo de cans e gatos, cada vez máis estridente, o fedor na escaleira xa resultaba insoportable. A preocupación lóxica dos veciños converteuse en desesperación. Había tempo que esgotaran a paciencia e tódalas vías ó seu alcance para solicitar a intervención dos servizos sociais e outros organismos presuntamente competentes. Sempre a mesma resposta: sen consentimento da afectada ou autorización xudicial, imposible invadir o ámbito privado. Pero chegou a nova Lei de Benestar Animal e viron na norma unha posible saída. Denunciaron con présa as condicións indignas nas que se achaban as mascotas do 3º B. Poucos días despois, acudían ó edificio as autoridades de orde pública. Como non houbo resposta desde o interior, accederon á vivenda por medios propios e, veloces, trasladaron a unha protectora algúns animais aínda vivos. Ela tivo menos sorte: o que se puido recuperar da anciá foi ó depósito de cadáveres.

 


Imaxe procedente de internet

Aunque Dña. Carmen siempre se negaba a abrir la puerta a nadie, esa vez era evidente que urgía prestarle ayuda. Últimamente no salía de casa ni para visitar los contenedores. Además del jaleo de perros y gatos, cada vez más estridente, el hedor en la escalera ya resultaba insoportable. La preocupación lógica de los vecinos se convirtió en desesperación. Hacía tiempo que habían agotado la paciencia y todas las vías a su alcance para solicitar la intervención de los servicios sociales y otros organismos presuntamente competentes. Siempre la misma respuesta: sin consentimiento de la afectada o autorización judicial, imposible invadir el ámbito privado. Pero llegó la nueva Ley de Bienestar Animal y vieron en la norma una posible salida. Denunciaron con premura las condiciones indignas en las que se hallaban las mascotas del 3º B. Pocos días después, acudían al edificio las autoridades de orden público. Como no hubo respuesta desde el interior, accedieron a la vivienda por medios propios y, veloces, trasladaron a una protectora algunos animales todavía vivos. Ella tuvo menos suerte: lo que se pudo recuperar de la anciana fue al depósito de cadáveres.

 

18 sept 2025

PURA DE PRADO

 

As tellas rotas deixan que os lóstregos invadan o cuarto. A Pura cústalle abandonar o xergón do chan. Antes de distribuír cacharros baixo as pingueiras inminentes, atende á súa irmá impedida, que chora feita un nobelo ríxido sobre un metálico oxidado.

Cala xa! Se non fose por ti, casaría cun millonario. ¡A ver se un puto raio deses te deixa seca dunha vez!

É a súa maneira de dicirlle que a quere moito.   

Desde que o cura novo inviste as escasas pesetas das limosnas da igrexa en pagarlles o pan, pasan menos fame. Diñeiro ninguén lles dá, xa que Pura, de moza a máis fermosa da comarca, gastaríao en afeites ou lentes escuras que disimulen o ollo baleiro.

Imaxe procedente de internet

Verán e inverno, mil farrapos e sombreiro protexen a súa pel de doncela cincuentona. A non ser que espere a visita dun pretendente imaxinario; entón, broncea o seu corpo espido entre o millo das leiras e vístese elegantemente.

Cando non pode máis, visítanos. Nesta casa, non só ten asegurado un prato quente, senón a ración de cordura necesaria para ir tirando. Miña nai escóitaa con paciencia infinita; despois desmóntalle as súas fantasías e despídea curada por unhas horas. 



Las tejas rotas dejan que los relámpagos invadan el cuarto. A Pura le cuesta abandonar el jergón del suelo. Antes de distribuir cacharros bajo las goteras inminentes, atiende a su hermana impedida, que llora hecha un ovillo rígido sobre un somier oxidado.

-¡Cállate ya! Si no fuera por ti, me casaría con un millonario.

¡A ver si un puto rayo de esos te deja seca de una vez!

Es su manera de decirle que la quiere con locura.    

Desde que el cura nuevo invierte las escasas pesetas del cepillo en pagarles el pan, pasan menos hambre. Dinero nadie les da, ya que Pura, de joven la más hermosa de la comarca, se lo gastaría en afeites o gafas oscuras que disimulen el ojo vacío.

Verano e invierno, mil harapos y sombrero protegen su piel de doncella cincuentona. A no ser que espere la visita de un pretendiente imaginario; entonces, broncea su cuerpo desnudo entre maizales y se viste elegantemente.

Cuando no puede más, nos visita. En casa, no sólo tiene asegurado un plato caliente, sino la ración de cordura necesaria para ir tirando. Mi madre la escucha con paciencia infinita; luego, le desmonta sus fantasías y la despide curada por unas horas.


Relato publicado en ENTC

 

10 ago 2025

MÁIS CA PEDRAS / MÁS QUE PIEDRAS

 

Ía para monxa e queimou o hábito cos chispazos dun amor explosivo. El colgou a sotana antes de acompañala ó altar e deseñar unha familia ideal. Pronto chegaron os xemelgos. Despois de meses velando por quendas os seus prantos, a media ducia de fillos en proxecto reduciuse á metade. Co falecemento do terceiro, renegaron de Deus. Seguiron camiñando xuntos, aínda que desorientados. Dubidaban en cada encrucillada e adoitaban elixir o ramal equivocado. Véndose perdidos, tentaban retroceder, pero tarde: a maleza xa invadía calquera senda anterior. Desgastada a esperanza de ter netos ós que agarrarse para manterse en pé, o traxecto final tamén será borroso.

 

Imaxe procedente de internet

Iba para monja y quemó el hábito con los chispazos de un amor explosivo. Él colgó la sotana antes de acompañarla al altar y diseñar una familia ideal. Pronto llegaron los mellizos. Después de meses velando por turnos sus llantos, la media docena de hijos en proyecto se redujo a la mitad. Con el fallecimiento del tercero, renegaron de Dios. Siguieron caminando juntos, aunque desorientados. Dudaban en cada encrucijada y solían elegir el ramal equivocado. Viéndose perdidos, intentaban retroceder, pero tarde: la maleza ya invadía cualquier senda anterior. Desgastada la esperanza de tener nietos a los que agarrarse para mantenerse en pie, el trayecto final también será borroso.


4 may 2025

A MILAGRIÑOS / LA MILAGRITOS

 

Ser moza e orfa de nai solteira sen recursos precipítaa ó futuro máis indigno. Pronto foxe da vila empuxada polos insultos delas e o silencio covarde deles. Varios anos despois, herda a fortuna dun cliente agradecido. Regresa con tratamento de dona á súa casa natal abandonada. Recibe visitas nocturnas mal intencionadas de vellos coñecidos, pero só conseguen cea fría. Ata que un cancro a devora. Deixa testamento a favor do municipio, cunha condición: a vivenda debe transformarse en local social; e a súa calella, en RÚA DA MILAGROSA. O alcalde encárgase de inaugurar ámbolos dous eventos. É a primeira vez que pisa de día ese lugar.

(Imaxe aportada polo concurso "A cunca" (ENTC) como inspiración para o presente relato)

Ser huérfana joven de madre soltera sin recursos la precipita al futuro más indigno. Pronto huye del pueblo empujada por los insultos de ellas y el silencio cobarde de ellos. Varios años después, hereda la fortuna de un cliente agradecido. Regresa con tratamiento de doña a su casa natal abandonada. Recibe visitas nocturnas malintencionadas de viejos conocidos, pero solo consiguen cena fría. Hasta que un cáncer la devora. Deja testamento a favor del municipio, con una condición: la vivienda debe transformarse en local social; y su callejuela, en CALLE DE LA MILAGROSA. El alcalde se encarga de inaugurar ambos eventos. Es la primera vez que pisa de día ese lugar.


7 mar 2025

RECURSOS DA MISERIA / RECURSOS DE LA MISERIA

 

Felisa leva dous días de parto, asistida por unha veciña. Está esgotada. O único da aldea que posúe motocicleta vai buscar ó médico comarcal. Este, rendido, propón o quirófano como solución. Pero queda lonxe e é caro. O motorista avisa a un taxi da vila, que agarda na estrada, a medio quilómetro da vivenda. Xosé, o marido, pide a un veciño algúns cartos prestados e unha esqueira grande para usar de padiola. Entre os dous homes trasládana ata o coche. Ó seu paso, as mulleres rezan; temen o peor.

Milagrosamente sobreviven ambas, nai e criatura. Regresan ó fogar en idénticos medios de transporte. Xosé, convencido de que a escada protexeu as súas vidas, desexa conservala. Ofrece a cambio xornadas de traballos agrícolas sen retribución. O dono rexeita o trato: regálalla. Prométenlle agradecemento eterno.

Cos anos e outras penurias, a esqueira acaba acurrunchada. Felisa sofre dores  propias e demencia severa do esposo. Avella a bicos unha fotografía da súa filla emigrante. Cavila. Recorre a Salvadora, así a chamaba. Consegue acomodala en posición vertical. Empeza a escalar. Porta unha corda con nó corredizo. Roga a Deus que os chanzos cheos de couza resistan ata o final. 

(Imaxe procedente de internet)




Felisa lleva dos días de parto, asistida por una vecina. Está agotada. El único lugareño que posee motocicleta va a buscar al médico comarcal. Este, rendido, propone el quirófano como solución. Pero queda lejos y es caro. El motorista avisa a un taxi de la villa, que espera en la carretera, a medio kilómetro de la vivienda. José, el marido, pide a un vecino algún dinero prestado y una escalera manual grande para usar de parihuela. Entre los dos hombres la trasladan hasta el coche. A su paso, las mujeres rezan; temen lo peor.

Milagrosamente sobreviven ambas, madre y criatura. Regresan al hogar en idénticos medios de transporte. José, convencido de que la escala protegió sus vidas, desea conservarla. Ofrece a cambio jornadas de trabajos agrícolas sin retribución. El dueño rechaza el trato: se la regala. Le prometen agradecimiento eterno.

Con los años y otras penurias, la escalera acaba arrinconada. Felisa sufre dolores  propios y demencia severa del esposo. Avejenta a besos una fotografía de su hija emigrante. Cavila. Recurre a Salvadora, así la llamaba. Consigue acomodarla en posición vertical. Empieza a escalar. Porta una cuerda con nudo corredizo. Ruega a Dios que los peldaños apolillados resistan hasta el final. 


17 feb 2025

HEMICRANIA / MIGRAÑA

 

Nada máis almorzar, os escintileos repentinos da aura auguran un mal día. A miña visión borrosa impídeme ler a data de caducidade do Hemicraneal. Por se acaso, tomo dous comprimidos. Poucos minutos despois, unha dor, tan ‎impertinente como coñecida, instálase enriba do ollo dereito, antes de que a droga tivese tempo de cumprir coa súa obriga. Haberá que resignarse e agardar. Apago o televisor, baixo as persianas e diríxome á cama, aínda sen facer, acompañada dunha almofía por se as náuseas non remiten.

Aínda que as molestias se van facendo soportables pouco a pouco, a ración dobre de cafeíana do medicamento impídeme durmir. O futuro inmediato serán longas horas de inmobilidade, penumbra e aburrimento. Como nas noites de insomnio, procuro ocupar o pensamento con fantasías, moito menos maltratadoras cós pesadumes cotiáns. Ás veces, a creación literaria sálvame. Lembro que teño pendente buscar ideas para o texto dun concurso. Téntoo, pero, igual que nas semanas anteriores, non son capaz de enfrontarme á imaxe proposta como inspiración: esa parella, aparentemente feliz, durmida e arroupada polo troupeleo do tren, tráeme recordos demasiado frescos.

Achego a palangana.

 

Imaxe procedente de internet
 

Nada más desayunar, los destellos repentinos del aura auguran un mal día. Mi visión borrosa me impide leer la fecha de caducidad del Hemicraneal. Por si acaso, tomo dos comprimidos. Pocos minutos después, un dolor, tan impertinente como conocido, se instala encima del ojo derecho, antes de que la droga haya tenido tiempo de cumplir con su obligación. Habrá que resignarse y esperar. Apago el televisor, bajo las persianas y me dirijo a la cama, todavía sin hacer, acompañada de una jofaina por si las náuseas no remiten.

Aunque las molestias se van haciendo soportables poco a poco, la ración doble de cafeína del medicamento me impide dormir. El futuro inmediato serán largas horas de inmovilidad, penumbra y aburrimiento. Como en las noches de insomnio, procuro ocupar el pensamiento con fantasías, mucho menos maltratadoras que las pesadumbres cotidianas. A veces, la creación literaria me salva. Recuerdo que tengo pendiente buscar ideas para el texto de un concurso. Lo intento, pero, igual que en las semanas anteriores, no soy capaz de enfrentarme a la imagen propuesta como inspiración: esa pareja, aparentemente feliz, dormida y arropada por el traqueteo del tren, me trae recuerdos demasiado frescos.

Acerco la palangana.


23 ene 2025

SEN SORTE / SIN SUERTE

 

Ademais de cute morena e ollos claros, herdei da miña nai unha pedra de lapislázuli antes de tempo. Cargaba con ela ó pescozo como amuleto infalible, segura dos seus múltiples beneficios físicos e mentais. Eu, máis ilustrado e pragmático, tentaba convencela de que deixase de crer en lendas arcaicas; que, por moi azul e preciosa que fose, non deixaba de ser un croio.

Imposible requisarlla porque unicamente a quitaba para ducharse, sempre coa porta pechada. Un día rompeulle o enganche e caeu ó chan. Veloz coma un ladrón, recollina para escondela e facerlle ver que ningunha desgraza ocorría lonxe do condenado talismán. Da miña verdadeira intención, vendela e gozarmos dun capricho, xa falariamos máis adiante, cando conseguise tranquilizala.

 O enfado duroulle tanto coma o resto da súa vida: trece días.

Imaxe procedente de internet
 


Además de tez morena y ojos claros, heredé de mi madre una piedra de lapislázuli antes de tiempo. Cargaba
con ella al cuello como amuleto infalible, segura de sus múltiples beneficios físicos y mentales. Yo, más ilustrado y pragmático, intentaba convencerla de que dejara de creer en leyendas arcaicas; que, por muy azul y semipreciosa que fuera, no dejaba de ser un pedrusco.

Imposible requisársela porque únicamente la quitaba para ducharse, siempre con la puerta cerrada bajo llave. Un día le rompió el enganche y cayó al suelo. Veloz como un ladrón, la recogí para esconderla y hacerle ver que ninguna desgracia ocurría lejos del dichoso talismán. De mi verdadera intención, venderla y darnos un capricho, ya hablaríamos más adelante, cuando consiguiera tranquilizarla.

 El enfado le duró tanto como el resto de su vida: trece días.


25 dic 2024

O VERMELLO EXIMENTE / EL ROJO EXIMENTE

 

Timidez enfermiza e excesivo sentido do ridículo facíano poñerse encarnado por todo: calquera pregunta, unha simple mirada, saír ó encerado... Máis dunha vez cargou con culpas alleas por incendiárselle o rostro só co medo a que sospeitasen del. Rematado o ensino obrigatorio, non volveu saír da casa. Pactou cos pais despedir á asistenta e fíxose cargo das tarefas domésticas. Nin asistiu ó enterro do seu pai, que faleceu infartado precozmente. Agora, a súa nai anciá precisa que a acompañe cando sae de casa. Terá que empuxala polas escaleiras ou algo...


Imaxe procedente de internet

Timidez enfermiza y excesivo sentido del ridículo le hacían ponerse colorado por todo: cualquier pregunta, una simple mirada, salir a la pizarra... Más de una vez cargó con culpas ajenas por incendiársele el rostro solo con el miedo a que sospecharan de él. Rematada la enseñanza obligatoria, no volvió a salir de casa. Pactó con los padres despedir a la asistenta y se hizo cargo de las tareas domésticas. Ni asistió al entierro de su padre, que falleció infartado precozmente. Ahora, su madre anciana precisa que la acompañe cuando sale de casa. Tendrá que empujarla por las escaleras o algo...


16 nov 2024

COMPOSTA E CON SOPA / COMPUESTA Y CON SOPA

Maquillada e vestida de gala, cruza a porta acristalada do restaurante máis caro da cidade. O espello do vestíbulo confírmalle que está perfecta e entra directamente  ó comedor, onde a espera unha mesa reservada para dous. Bótalle unha ollada á carta e alégrase de que aínda sigan ofrecendo o menú daquel día inesquecible. Completamente segura de acertar, decide pedir o mesmo ca entón. Solicita ó camareiro que vaia servindo o primeiro prato, xa que o outro comensal chegará enseguida. A fumarenta crema de brócoli, enriquecida con queixo azul e labras de xamón crocante, abre o apetito ó máis desganado; aínda que a ela, sobre todo, prodúcelle nostalxia. Segundo van pasando os minutos, a calor do manxar e a esperanza desvanécense ó unísono. Dúas bágoas, só dúas, caen sobre a sopa intacta. Pide a conta e sae, esforzándose por manter a compostura.

Imaxe procedente de internet



Maquillada y vestida de gala, cruza la puerta acristalada del restaurante más caro de la ciudad. El espejo delvestíbulo le confirma que está perfecta y entra directamente al comedor, donde la espera una mesa reservada para dos. Le echa un vistazo a la carta y se alegra de que todavía sigan ofreciendo el menú de aquel día inolvidable. Completamente segura de acertar, decide pedir lo mismo que entonces. Solicita al camarero que vaya sirviendo el primer plato, ya que el otro comensal llegará enseguida. La humeante crema de brócoli, enriquecida con queso azul y virutas de jamón crujiente, abre el apetito al más desganado; aunque a ella, sobre todo, le produce nostalgia. Según van pasando los minutos, el calor del manjar y la esperanza se desvanecen al unísono. Dos lágrimas, sólo dos, caen sobre la sopa intacta. Pide la cuenta y sale, esforzándose por mantener la compostura.


25 oct 2024

MORRIÑA

 

Coñezo os síntomas: mirada nun punto fixo, xesto de medio sorriso, ollos húmidos, atención dispersa... Aínda que a miña nai estea a gusto vivindo comigo, sei que non pode evitar rememorar con tristeza e felicidade simultáneas os momentos ditosos da súa existencia anterior. Cando isto ocorre, debo apartarme, deixarlle o seu espazo, procurar que ese encontro agridoce co pasado sexa o máis privado e reconfortante posible. Pero, desde hai uns meses, substituíu pouco a pouco esa actitude melancólica por comportamentos esporádicos estraños. Ata hoxe. Todo volve á normalidade, deduzo erroneamente. Entón, animosa, atrévome a preguntarlle en que cavila. Espero unha evasiva ou un silencio; e pola contra, contesta tranquila que pensa nos seus netiños porque xa lle tarda volver a velos. Saio correndo para ocultar as miñas bágoas. Eu non teño fillos nin sobriños. 

"Anciana". Cadro procedente de internet.


Conozco los síntomas: mirada en un punto fijo, mueca de media sonrisa, ojos húmedos, atención dispersa... Aunque mi madre esté a gusto viviendo conmigo, sé que no puede evitar rememorar con tristeza y felicidad simultáneas los momentos dichosos de su existencia anterior. Cuando esto ocurre, debo apartarme, dejarle su espacio, procurar que ese encuentro agridulce con el pasado sea lo más privado y reconfortante posible. Pero, desde hace unos meses, ha sustituido poco a poco esa actitud melancólica por comportamientos esporádicos extraños. Hasta hoy. Todo vuelve a la normalidad, deduzco erróneamente. Entonces, animosa, me atrevo a preguntarle en qué cavila. Espero una evasiva o un silencio; sin embargo, contesta tranquila que piensa en sus nietecitos porque ya le tarda volver a verlos. Salgo corriendo para ocultar mis lágrimas. Yo no tengo hijos ni sobrinos. 


8 oct 2024

PEIXE / PÁJARO

 

Imaxe procedente de internet


Cando chega á casa da súa avoa, a quen visita ultimamente con moita frecuencia, sae lume polo balcón. Sen dubidalo, empápase nunha fonte próxima e entra veloz á vivenda desoíndo os berros que tentan disuadilo. Regresa pronto ó exterior algo ferido e mareado. Rexeita calquera axuda. Estalan máis cristais. Outra ventá cospe cara ó ceo labaradas xigantes. Acoden os bombeiros por fin. Aproveita o barullo para levantar o voo e desaparecer. As queimaduras laian, pero segue aguantando unha man no peto sen soltar o que esconde. Sorrí. Nada poden facer pola anciá.

 


Cuando llega a casa de su abuela, a quien visita últimamente con mucha frecuencia, sale fuego por el balcón. Sin dudarlo, se empapa en una fuente próxima y entra veloz a la vivienda desoyendo los gritos que intentan disuadirlo. Regresa pronto al exterior algo herido y mareado. Rechaza cualquier ayuda. Estallan más cristales. Otra ventana escupe al cielo llamaradas gigantes. Acuden los bomberos por fin. Aprovecha el barullo para levantar el vuelo y desaparecer. Las quemaduras escuecen, pero sigue aguantando una mano en el bolsillo sin soltar lo que esconde. Sonríe. Nada pueden hacer por la anciana.

21 sept 2024

ALEGRÍA INFINITA

A moza levaba varios meses en estado vexetativo, á espera do seu destino. Cando este chegou inclemente, foi recibido ós pés da cama por unha nai infatigable e serena; o seu rostro reflectía algo parecido á felicidade absoluta, difícil de comprender. Pasados uns días de ineludibles pésames, agradeceu interiormente á amante secreta do seu esposo que a eximise de obrigacións extra e, decidida, dispúxoo todo segundo tiña planeado: aproveitando unha escapada furtiva do marido, chamou ás súas amigas para saciarse de abrazos e aloumiños antes de emprender, a soas, a viaxe que a levaría ó reencontro coa súa amada filla.

Imaxe procedente de internet






La joven llevaba varios meses en estado vegetativo, a la espera de su destino. Cuando este llegó inclemente, fue recibido a los pies de la cama por una madre infatigable y serena, cuyo rostro reflejaba algo parecido a la felicidad absoluta, difícil de comprender. Pasados unos días de ineludibles pésames, agradeció interiormente a la amante secreta de su esposo que la eximiera de obligaciones extra y, decidida, lo dispuso todo según tenía planeado: aprovechando una escapada furtiva del marido, llamó a sus amigas para saciarse de abrazos y mimos antes de emprender, a solas, el viaje que la llevaría al reencuentro con su amada hija.


26 ago 2024

LECCIÓN DE SOCIOLOXÍA / LECCIÓN DE SOCIOLOGÍA

  

Rosario chega ó tanatorio e non se despega do cristal. Busca no rostro da súa curmá morta algún trazo coñecido. Os recordos dunha infancia distante en común invaden a memoria.

Acompañada polos seus pais e irmáns, cruza o río en barca e remonta carreiros angostos ata a casa dos avós. Alí goza das festas con Felisa e os demais curmáns dúas veces ó ano. Así e todo, segundo vai medrando, empeza a molestarlle que á súa prima nunca lle toque durmir no colchón do chan e que presuma tanto de colexio privado ou vestidos sen estrear. Un día, Felisa asegura ser gran coleccionista. Rosario descoñece o significado da palabra e vese obrigada a preguntarllo. Afeita a ter problemas económicos para renovar un simple lapis, cústalle comprender como é posible amontoar cousas inútiles. En cambio, entende nun instante o diferentes que son. Algo entre elas rompe definitivamente. Cando, por fin, lle presenta a súa marabillosa colección de envoltorios de caramelos, Rosario alucina; non só polos papeliños multicolores, senón pola cantidade de lambetadas que tería saboreado previamente.

Recende a caramelo. Éncheselle a boca de cuspe; e os ollos, de bágoas. Alguén cóllea polo brazo suxeríndolle abandonar a cristaleira.

 

Imaxe procedente de internet

Rosario llega al tanatorio y no se despega del cristal. Busca en el rostro de su prima muerta algún rasgo conocido. Los recuerdos de una infancia distante en común invaden la memoria.

Acompañada por sus padres y hermanos, cruza el río en barca y remonta senderos angostos hasta la casa de los abuelos. Allí disfruta las fiestas con Felisa y los demás primos dos veces al año. Aunque, según va creciendo, empieza a molestarle que a su prima nunca le toque dormir en el colchón del suelo y que presuma tanto de colegio privado o vestidos sin estrenar. Un día, Felisa asegura ser gran coleccionista. Rosario desconoce el significado de la palabra y se ve obligada a preguntárselo. Acostumbrada a tener problemas económicos para renovar un simple lápiz, le cuesta comprender cómo es posible amontonar cosas inútiles. En cambio, entiende al instante lo diferentes que son. Algo entre ellas rompe definitivamente. Cuando, por fin, le presenta su maravillosa colección de envoltorios de caramelos, Rosario alucina; no solo por los papelitos multicolores, sino por la cantidad de golosinas que habrá saboreado previamente.

Huele a caramelo. Se le llena la boca de saliva; y los ojos, de lágrimas. Alguien la coge del brazo sugiriéndole abandonar la cristalera.

 

21 jul 2024

O CASTIGO / EL CASTIGO


Confeseille a meu pai o que fixera porque mamá me obrigou. Despois acachoupeime e protexín a cabeza coas mans, esperando unha resposta violenta. Milagrosamente, pasaba o tempo e non ocorría nada. Cando, por fin, me atrevín a abrir os ollos, non vin a papá, estaba eu só no faiado. Agacharíase para darme un susto...? Busqueino detrás de cada traste, con moito medo e cautela. Anoitecía. Notei que se me escapaba o mexo outra vez. Corrín cara á porta. Xusto cando agarrei o manubrio, alguén pechou  por fóra.



Imaxe procedente de internet

Le confesé a mi padre lo que había hecho porque mamá me obligó. Luego me agazapé y protegí la cabeza con las manos, esperando una respuesta violenta. Milagrosamente, pasaba el tiempo y no ocurría nada. Cuando, por fin, me atreví a abrir los ojos, no vi a papá, estaba yo solo en el desván. ¿Se habría escondido para darme un susto...? Lo busqué detrás de cada trasto, con mucho miedo y cautela. Anochecía. Noté que se me escapaba el pis otra vez. Corrí hacia la puerta. Justo cuando agarré la manilla, alguien cerró con llave por fuera.


                        Publicado no libro: Aí están... las puertas de Boal   /    Ei tán... as portas de Boal                               Autoras: Begoña Martín Acero e Edita Nogueira Tallón


15 jul 2024

MAR DE AMORES


Asómase soa polo zapón para ver amencer. Despois, escoita enfeitizada ó seu esposo asubiando, de puro gusto, o bolero dos dous, mentres arrastra as redes ateigadas de peixes agonizantes; e comerán xuntos o guiso que ela mesma preparará a bordo coma sempre, antes de regresar ó porto onde os agarda, impaciente, o seu neno. Ese que xa non o é desde hai tempo, o que viu morrer de pena a un pai rudo, incapaz de soportar a cegueira repentina da súa muller. O mesmo fillo que agora saca a pasear a nai no vello barco de pesca para que a emoción dos recordos lle ilumíne o rostro apagado.



Imaxe procedente de internet
                                         

Se asoma sola por la escotilla para ver amanecer. Luego, escucha embelesada a su esposo silbando, de puro gusto, el bolero de los dos, mientras arrastra las redes colmadas de peces agonizantes; y comerán juntos el guiso que ella misma preparará a bordo como siempre, antes de regresar a puerto donde los espera, impaciente, su niño. Ese que ya no lo es desde hace tiempo, el que vio morir de pena a un padre rudo, incapaz de soportar la ceguera repentina de su mujer. El mismo hijo que ahora saca a pasear a la madre en el viejo barco de pesca para que la emoción de los recuerdos le ilumine el rostro apagado.



8 mar 2024

MEDIDAS DRÁSTICAS

 

Imaxe procedente de internet

Implantoulle un microchip para tela controlada en todo momento. Só regresaba á casa se recibía  no seu receptor as coordenadas dos fogóns. Cando ela descubriu a estrataxema, decidiu non volver entrar na cociña: prefire morrer de fame ca de noxo.

 


Le implantó un microchip para tenerla controlada en todo momento. Solo regresaba a casa si recibía  en su receptor las coordenadas de los fogones. Cuando ella descubrió la estratagema, decidió no volver a entrar en la cocina: prefiere morir de hambre que de asco.


20 nov 2023

EXECUCIÓN EN DIFERIDO / EJECUCIÓN EN DIFERIDO

 

(Imaxe procedente de internet)


Leva unha semana sen saír por chegar borracha de madrugada. E agora retíralle o móbil porque enviou unhas fotos espida. Súa nai vaillas pagar! Antes de que lle quite o ordenador tamén, pensa colgala nunha páxina de contactos. Xa se encargará seu pai do traballo sucio.

 

Lleva una semana sin salir por haber llegado borracha de madrugada. Y ahora le retira el móvil porque envió unas fotos desnuda. ¡Su madre se las pagará! Antes de que le quite el ordenador también, la va a colgar en una página de contactos. Ya se encargará su padre del trabajo sucio.

 

15 ago 2023

DEDICATORIA


Ó meu esposo, porque sen el todo sería diferente. 

Ós meus veciños, por mirar sempre cara ó outro lado.

Ós fillos que nunca tiven, grazas a Deus. 

Ós meus pais, porque me fixeron o favor de irse antes para que puidese suicidarme sen remordementos.


(Imaxe procedente de internet)


A mi esposo, porque sin él todo habría sido diferente. 

A mis vecinos, por mirar siempre hacia otro lado. 

A los hijos que nunca tuve, gracias a Dios. 

A mis padres, por haberme hecho el favor de irse antes para que pudiera suicidarme sin remordimientos.




30 jun 2023

IRRECOÑECIBLE / IRRECONOCIBLE


Precisaba afastarse do último desastre electoral e do acoso mediático. Aproveitou o tráfico da primeira ponte festiva para camuflarse nun vehículo alugado. Fuxía a ningures perseguindo o amparo do anonimato.

Esta vez, tivo sorte: o accidente foi tan brutal que non houbo maneira de identificalo.

 

Imaxe procedente de internet

Necesitaba alejarse del último batacazo electoral y el acoso mediático. Aprovechó el tráfico del primer puente festivo para camuflarse en un vehículo alquilado. Huía a ninguna parte persiguiendo el amparo del anonimato.

Esta vez, tuvo suerte: el accidente fue tan brutal que no hubo manera de identificarlo.