POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

Mostrando entradas con la etiqueta HIPERBREVES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HIPERBREVES. Mostrar todas las entradas

7 abr 2026

MAL PROGNÓSTICO / MAL PRONÓSTICO

  

Imaxe procedente de Internet


Tras recoñecer, demasiado tarde, que nunca debín fiarme del, a decepción e o anoxo pertinentes foron dexenerando: sufro agora pesar crónico, ó asumir que xamais volverei crer en min.

 

Tras reconocer, demasiado tarde, que nunca debí fiarme de él, la decepción y el enojo pertinentes han ido degenerando: sufro ahora pesar crónico, al asumir que jamás volveré a creer en mí.


                      Relato publicado en ENTC

25 ago 2025

FINO

 

Imaxe procedente de internet



Dáse aires de marqués. Non pasa fame, é que está sempre a dieta. A manta menos esfarrapada mais o mellor cartón sempre son os seus.

 


Se da aires de marqués. No pasa hambre, es que está siempre a dieta. La manta menos raída y el mejor cartón siempre son los suyos.



16 jun 2025

ERRÁTICO

 

Imaxe procedente de internet


Instigado polos seus, abandonou. Embaixo, recibíao o propio Lucifer:

─Síntoo, presidente. Aquí non admitimos voluntarios.

 




Instigado por los suyos, abandonó. Abajo, lo recibía el propio Lucifer:

─Lo siento, presidente. Aquí no admitimos voluntarios.


28 feb 2025

IMPUTADA

 

Ameazou ó ladrón cunha barra de pan reseso.

Imaxe procedente de internet


Amenazó al ladrón con una barra de pan duro.

10 feb 2025

CONTRATEMPO / CONTRATIEMPO

 

Imaxe procedente de internet

Mentres non consiga axustar a aplicación para que as mellores fotos da escena queden colgadas na rede automaticamente e ó instante, terá que pospoñer o suicidio.

 


Mientras no consiga ajustar la aplicación para que las mejores fotos de la escena queden colgadas en la red automáticamente y al instante, tendrá que posponer el suicidio.


16 ene 2025

A TIRO FIJO / A TIRO FIXO

 


Imaxe procedente de internet


Custoume descubrir que tiña o seu talón de Aquiles na caluga. O demais xa foi disparar e cantar.

 



Me costó descubrir que su talón de Aquiles lo tenía en la nuca. Lo demás ya fue disparar y cantar.


21 dic 2024

LUZ


Imaxe procedente de internet

En cada recaída, Martiña pedíanos un túnel novo.



En cada recaída, Martita nos pedía un túnel nuevo.



8 nov 2024

DUELO TORMENTOSO

 

Imaxe procedente de internet

Contaron os pasos, deron a volta, apuntaron e… un raio oportuno non lles deixou disparar. As testemuñas respiraron aliviadas. Despois recolleron os dous corpos calcinados.

 


Contaron los pasos, se dieron la vuelta, apuntaron y… un rayo oportuno no les dejó disparar. Los testigos respiraron aliviados. Luego recogieron los dos cuerpos calcinados.


22 oct 2024

INDEPENDENCIA UNILATERAL APRAZADA / INDEPENDENCIA UNILATERAL APLAZADA

 

Imaxe procedente de internet


Todo listo: maletas pechadas, nota de despedida, fotos comúns no váter… Merda, a bogada sen facer!

 

 

Todo listo: maletas cerradas, nota de despedida, fotos comunes en el váter… ¡Mierda, la colada sin hacer!


15 oct 2024

AFUNDIDO / HUNDIDO

 

Imaxe procedente de internet

Pensou que introducíndose na cuba afogaría as penas definitivamente. Estas sobreviviron agarrándose á súa familia. El pesaba de máis.




Pensó que introduciéndose en la cuba ahogaría las penas definitivamente. Estas sobrevivieron agarrándose a su familia. Él pesaba demasiado.


14 sept 2024

CI

 

Imaxe procedente de internet

Os resultados do profesorado foron catastróficos. Aplicáranlles, por orde ministerial, os tests psicométricos deseñados para os seus alumnos.

 


Los resultados del profesorado fueron catastróficos. Les habían aplicado, por orden ministerial, los test psicométricos diseñados para sus alumnos.

 

11 ago 2024

DIVO

 Tivo que roubar un traxe para esconder a fame. 

Imaxe procedente de internet



Tuvo que robar un traje para esconder el hambre.

 



15 jun 2024

EN ÓRBITA

 

Imaxe procedente de internet

Entrou onte. Non consegue saír da rotonda.

 


Entró ayer. No consigue salir de la rotonda.



25 nov 2023

SUFOCACIÓNS / SOFOCOS

 

Cartóns. Xaneiro. Sigo tendo frío. Vaia merda de menopausa!

(Imaxe procedente de internet)
 

Cartones. Enero. Sigo teniendo frío. ¡Vaya mierda de menopausia!


31 jul 2023

TRÁNSITO


Imaxe procedente de internet


Ó final do andadeiro escuro, destacaba unha porta iluminada. Non puido evitalo: dirixiuse a ela e traspasouna sen abrila. Alén non había nada.




Al final del pasillo oscuro, destacaba una puerta iluminada. No pudo evitarlo: se dirigió a ella y la traspasó sin abrirla. Más allá no había nada.


14 jun 2023

LÚCIDO

 

Imaxe procedente de internet


Cada vez que se acende unha luz no seu cerebro, as sombras atorméntano. Por iso decidiu apagarse para sempre.

 



Cada vez que se enciende una luz en su cerebro, las sombras lo atormentan. Por eso ha decidido apagarse para siempre.

 

4 jun 2023

REALITY

 

Imaxe procedente de internet

Perde dous puntos de audiencia. Deberán matar máis concursantes.

  


Pierde dos puntos de audiencia. Deberán matar más concursantes.


9 dic 2022

MENÚ NAVIDEÑO / MENÚ DO NADAL

  

(Imaxe procedente de internet)


Este ano, conseguirei despexar a casa en poucas horas. Será sinxelo, pero contundente: ovos á salmonela.

  


Este año, conseguiré despejar la casa en pocas horas. Será sencillo, pero contundente: huevos a la salmonela.


17 sept 2022

ERRO BÁSICO / ERROR BÁSICO

 

Empezou polo tellado. Cando, ó fin, decidiu fixar os cimentos, xa era tarde: a estrutura de toda unha vida en falso veu abaixo e esmagouno.


(Imaxe procedente de internet)

Empezó por el tejado. Cuando, al fin, decidió fijar los cimientos, ya era tarde: la estructura de toda una vida en falso se vino abajo y lo aplastó.