POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 jul 2026

ILUSIÓN FUXIDÍA / ILUSIÓN EFÍMERA


Descubrino á tardiña no xardín, mentres lle arrincaba unhas flores murchas á roseira. Era ovoide e luminoso. Tanto me fascinou que decidín trasladalo ó interior da casa. Acomodeino entre algodóns nun xoieiro translúcido. Á mañá seguinte, deixoume abraiada: triplicara o seu tamaño e non cabía no cofre. Libereino sobre unha bandexa. Relucía cada vez menos. Antes de apagarse de todo, emitiu un chispazo forte. Preocupábame deixalo só, pero debía marchar. Saín a escape, sen almorzar sequera. Ese día non conseguín concentrarme no traballo. Regresei máis cedo do habitual. Impresionoume atopalo coas dimensións e o brillo orixinais. Púxenme moi nerviosa cando empezou a escintilar. Sen saber a razón, entendín que tiña urxencia por volver para fóra. Pouseino no chan, xusto onde o atopara a véspera. Sentei a carón del. Perdín a noción do tempo contemplándoo. Ata esquecín que non xantara. A tarde foise rendendo; o luscofusco estaba a piques de vencela. De súpeto, aquel ovo rutilante desapareceu, deixando unha pegada indeleble no céspede e un baleiro en min con forma de interrogación.





Lo descubrí al atardecer en el jardín, mientras le arrancaba unas flores marchitas al rosal. Era ovoide y luminoso. Tanto me fascinó que decidí trasladarlo al interior de la casa. Lo acomodé entre algodones en un joyero translúcido. A la mañana siguiente, me dejó atónita: había triplicado su tamaño y no cabía en el cofre. Lo liberé sobre una bandeja. Relucía cada vez menos. Antes de apagarse de todo, emitió un chispazo fuerte. Me preocupaba dejarlo solo, pero debía marchar. Salí a escape, sin desayunar siquiera. Ese día no conseguí concentrarme en el trabajo. Regresé más temprano de lo habitual. Quedé impresionada al encontrarlo con las dimensiones y el brillo originales. Fue imposible controlar mis nervios cuando empezó a centellear. Sin saber la razón, entendí que tenía urgencia por volver a fuera. Lo deposité en el suelo, justo donde lo había encontrado la víspera. Me senté a su lado. Perdí la noción del tiempo contemplándolo. Hasta olvidé que no había almorzado. La tarde se fue rindiendo; el ocaso estaba a punto de vencerla. De pronto, aquel huevo rutilante desapareció, dejando una huella indeleble en el césped y un vacío en mí con forma de interrogación.


No hay comentarios: