POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

Mostrando entradas con la etiqueta MICORRELATOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MICORRELATOS. Mostrar todas las entradas

8 oct 2025

UN SER DE LUZ (ARTIFICIAL)

 

Hai un par de anos, Sara cambiou o piso por unha casa vella con horta. Aínda que os novos veciños a recibiron mellor do que esperaba, andan amoscados porque case non a ven. Disque a luz do día lle produce tal estrés que non consegue funcionar, desoriéntase totalmente. Por iso fai vida de noite, sen medo a nada nin a ninguén. A xente desconfía. Os animais nocturnos habituais xa se cruzan con ela sen inmutarse; os esporádicos foxen ante un ser vertical cunha luz potente na testa. Descoñecen que é unha lanterna para ver onde pisa ou espeta o sacho.

Sara ten un problema novo: prohibiron recoller cogomelos na comarca despois da tardiña. Como eses manxares colaboraron na súa decisión de mudarse á aldea, rexeita desaproveitalos. Esta mañá ben cedo, antes de deitarse, fíxose a valente e saíu. Deu chegado ó monte e mesmo encheu o cesto, pero atopar o camiño de volta foi imposible. Bota de menos no peto o móbil repudiado. E alá segue, sen rumbo, cada vez máis lonxe, morta de fame, toqueando ós poucos, ata que a escuridade lle indique a dirección correcta. Os fungos recollidos empezan a deteriorarse.

Imaxe procedente de internet

Hace un par de años, Sara cambió el piso por una casa vieja con huerta. Aunque los nuevos vecinos la recibieron mejor de lo que esperaba, andan mosqueados porque casi no la ven. Al parecer, la luz del día le produce tal estrés que no consigue funcionar, se desorienta totalmente. Por eso vive de noche, sin miedo a nada ni a nadie. La gente desconfía. Los animales nocturnos habituales ya se cruzan con ella sin inmutarse; los esporádicos huyen ante un ser vertical con una luz potente en la cabeza. Desconocen que es una linterna para ver dónde pisa o clava el azadón.

Sara tiene un problema nuevo: han prohibido recoger setas en la comarca después del atardecer. Como esos manjares colaboraron en su decisión de mudarse a la aldea, rechaza desaprovecharlos. Esta mañana muy temprano, antes de acostarse, se hizo la valiente y salió. Pudo llegar al monte e incluso llenó el cesto, pero encontrar el camino de vuelta fue imposible. Echa de menos en el bolsillo el móvil repudiado. Y allá sigue, sin rumbo, cada vez más lejos, muerta de hambre, dando cabezadas, hasta que la oscuridad le indique la dirección correcta. Los hongos recogidos empiezan a deteriorarse.


Relato publicado en ENTC


24 oct 2021

TIRA Ó MONTE / TIRA AL MONTE

 

Está rara. Non había maneira de sacala da casa e agora leva meses saíndo varias veces por semana. Polo visto, vai coas amigas, pero a vestimenta e unha cara de felicidade mal disimulada delátana. A súa parella desconfía. O primeiro que fai ó regresar é meterse na ducha. Seguramente para camuflar aromas, pensa el. Tamén é sorprendente vela investigando no ordenador durante horas despois desas misteriosas saídas, e máis tendo en conta que antes nin o acendía. Cando o marido mostra estrañeza por estes cambios na conduta, ela responde con evasivas, o que fai medrar as sospeitas daquel. A muller comprende o malestar do esposo, e mesmo sente remordementos porque hai anos prometeu non volver caer na tentación. Ademais, teme que calquera día lle faga elixir entre o amor que se profesan ou a súa verdadeira paixón. Pero, se chega a poñela ante semellante dilema, esta vez a decisión será contundente: por moito que el llo pida, por máis que o home lle lembre a súa alerxia e aversión cara a eles, non deixará de ir buscar cogomelos. Aínda que se vexa obrigada a regalalos antes de entrar na casa.



Está rara. No había quien la sacara de casa y ahora lleva meses saliendo varias veces por semana. Por lo visto, va con las amigas, pero el atuendo y una cara de felicidad mal disimulada la delatan. Su pareja desconfía. Lo primero que hace al regresar es meterse en la ducha. Seguramente para camuflar aromas, piensa él. También es sorprendente verla investigando en el ordenador durante horas después de esas misteriosas salidas, y más teniendo en cuenta que antes ni lo encendía. Cuando el marido muestra extrañeza por estos cambios conductuales, ella responde con evasivas, lo que hace agrandar las sospechas de aquel. La mujer comprende el malestar del esposo, e incluso siente remordimientos porque hace años prometió no volver a caer en la tentación. Además, teme que cualquier día le haga elegir entre el amor que se profesan o su verdadera pasión. Pero, si llega a ponerla ante semejante dilema, esta vez la decisión será tajante: por mucho que él se lo pida, por más que el hombre le recuerde su alergia y aversión hacia ellas, no dejará de ir a buscar setas. Aunque deba regalarlas antes de entrar en casa.

27 ago 2019

O MUIÑEIRO / EL MOLINERO



Manuel non tivo máis nana có son do rodicio, nin perfume infantil distinto do recendo a fariña fresca. Criouse á sombra da friaxe. Escusou agardar pola vellez para ver o cabelo tinguido de branco ou saber o que é a reuma. Seus pais moeron arreo, loitaron para que o fillo tivese un futuro. Pero de nada valeron os estudos e distintos intentos profesionais: Manuel levaba o muíño no sangue e nunca se deu desintoxicado de tal dependencia. Herdou o oficio sen remedio. E quedou solteiro porque as mulleres que roldou celábanse da auga do caneiro. Cando as pernas deixaron de mantelo en pé e a cabeza se esqueceu de rexer, as moas de pedra non deron máis voltas. Pouco tardou en finar. De tódalas historias que meu avó me contaba, ningunha lembro tan ben coma esta.

Hoxe, buscando cogomelos, atopei o muíño. Coa axuda dun pau e a navalla, fun abrindo camiño entre as silvas que o camuflan. A porta atrancada impediume o acceso, pero puiden axexar por un burato. Xuro que o muíño andaba, producindo un monótono xemido que me estarreceu. Cando dei comprobado que polo inferno non entraba unha pinga de auga, fuxín o máis lixeiro posible, obviando o tremor das pernas.


(Imaxe procedente de internet)


Manuel no tuvo más nana que el son del rodezno, ni perfume infantil distinto del aroma a harina fresca. Se crió a la sombra del frío húmedo. No precisó esperar por la vejez para ver el cabello teñido de blanco o saber lo que es el reuma. Sus padres molieron a destajo, lucharon para que el hijo tuviera un futuro. Pero de nada valieron los estudios y distintos intentos profesionales: Manuel llevaba el molino en la sangre y nunca pudo desintoxicarse de tal dependencia. Heredó el oficio sin remedio. Y quedó soltero porque las mujeres que rondó se celaban del agua del caño. Cuando las piernas dejaron de mantenerlo en pie y la cabeza se olvidó de regir, las muelas de piedra no dieron más vueltas. Poco tardó en fallecer. De todas las historias que mi abuelo me contaba, ninguna recuerdo tan bien como esta.  

Hoy, buscando setas, encontré el molino. Con la ayuda de la navaja y un palo, fui abriendo camino entre las zarzas que lo camuflan. La puerta atrancada me impidió el acceso, pero pude acechar por un agujero. Juro que el molino andaba, produciendo un monótono gemido que me estremeció. Cuando logré comprobar que por el bocín no entraba una gota de agua, huí lo más ligero posible, obviando el temblor de las piernas.


6 feb 2017

COMO CHO CONTO / COMO TE LO CUENTO


Unha tardiña bretemosa, a miña cuñada máis eu dispoñiámosnos a deixar o monte e os cogomelos para outro día máis favorable. Non podiamos imaxinar que nos faltaba por vivir a anécdota da xornada: un susto tremebundo. Diante dos nosos fociños, no lugar expedito polo que accederamos minutos antes, unha gadaña vella e enferruxada interrompía o paso. Cando nos demos recuperado do acoro e despois de maxinar sen éxito cal sería a causa real de tal achado, decidimos recolocala axeitadamente e sacarlle unha foto como proba que xustificase a nosa historia incrible.





Un atardecer brumoso, mi cuñada y yo nos disponíamos a dejar el bosque y las setas para otro día más favorable. No podíamos imaginar que nos faltaba por vivir la anécdota de la jornada: un susto morrocotudo. Delante de nuestras narices, en el lugar expedito por el que habíamos accedido minutos antes, una guadaña vieja y oxidada interrumpía el paso. Cuando nos dimos recuperado del sofoco y después de discurrir sin éxito cuál sería la causa real de tal hallazgo, decidimos reubicarla convenientemente y sacarle una foto como prueba que justificara nuestra historia increíble.


7 feb 2016

PÁNFILO


El custodia un pequeno monte de cogomelos preto de casa, para que non lle arrinquen o pouco que aínda queda. Ela busca outros novos, acompañada dun experto. Regresan esgotados, cos cestos acugulados de frustración finxida. Prometen seguir intentándoo.


                                                           

Él custodia un pequeño setal cerca de casa, para que no le arranquen lo poco que aún queda. Ella busca otros nuevos, acompañada de un experto. Regresan agotados, con los cestos repletos de frustración fingida. Prometen seguir intentándolo.



16 ene 2016

ALUCINADO








Era mozo de cidade, pero desde o curso de micoloxía que lle recomendou un amigo, adora o campo, os paseos polo monte, o canto dos paxaros… A súa estación favorita é o outono: o colchón de follaxe, a amanita muscaria, os dous sen roupa…








Era chico de ciudad, pero desde el curso de micología que le recomendó un amigo, adora el campo, los paseos por el monte, el canto de los pájaros… Su estación favorita es el otoño: el colchón de hojarasca, la amanita muscaria, los dos sin ropa…


15 nov 2015

UVAS ÓS COGOMELOS / UVAS A LAS SETAS


A forza de proporcionarlles pequenas doses, convertín a dúas amigas en adictas ó monte. O seguinte foi crear un club micolóxico de tres compoñentes, con estatutos, equipo directivo e grupo de Whatsapp incluídos. A tempada resultou xenerosa: novos enclaves, experimentos culinarios, molladuras gloriosas e cestos de risas. Non esqueceremos o autorretrato da última 
saída do ano, coas copas de cava, as uvas e o mantel sobre a follaxe, unha ocorrente sorpresa da tesoureira. Entre bromas, chegou a noite; antes de que o medo nos pillase, fuximos, esquecendo no bosque a recolección de toda unha tarde.




A fuerza de proporcionarles pequeñas dosis, convertí a dos amigas en adictas al monte. Lo siguiente fue crear un club micológico de tres componentes, con estatutos, equipo directivo y grupo de Whatsapp incluidos. La temporada resultó generosa: nuevos setales, experimentos culinarios, mojaduras gloriosas y cestos de risas. No olvidaremos el autorretrato de la última salida del año, con las copas de cava, las uvas y el mantel sobre la hojarasca, una ocurrente sorpresa de la tesorera. Entre bromas, llegó la noche; antes de que el miedo nos pillara, escapamos, olvidando en el bosque la recolección de toda una tarde.




16 sept 2015

VODAS DE OURO / BODAS DE ORO


Leva varios días desaparecido. Foise de casa ao amencer, sen avisar. Non levou documentación nin cartos. Tampouco deixou ningunha nota. Buscando pistas, a súa esposa anciá botou en falta unha navalla e un cesto. Isto tena relativamente tranquila. Cando lle preguntan por el, di que está de viaxe; pero non a cren, nunca antes o fixera. Os veciños empezan a mirala mal. Ela reza para que chova dunha maldita vez e poida regresar antes do aniversario. Imaxina o agasallo que lle traerá. Sempre tan orixinal! Terá que facerse a sorprendida, coma de costume…











Lleva varios días desaparecido. Se fue de casa al amanecer, sin avisar. No llevó documentación ni dinero. Tampoco dejó nota alguna. Buscando pistas, su anciana esposa ha echado en falta una navaja y un cesto. Esto la tiene relativamente tranquila. Cuando le preguntan por él, dice que está de viaje; pero no la creen, nunca antes lo había hecho. Los vecinos empiezan a mirarla raro. Ella reza para que llueva de una puñetera vez y pueda regresar antes del aniversario. Imagina el regalo que le traerá. ¡Siempre tan original! Tendrá que hacerse la sorprendida, como de costumbre…


22 mar 2015

A SOIDADE DO MICÓLOGO / LA SOLEDAD DEL MICÓLOGO



(Imaxe baixada de internet)
Todo estaba debuxado no pequeno caderno gris que levaba no peto do seu pantalón: os cogomelos coñecidos e os novos achados, as árbores asociadas a cada especie, os distintos solos, plantas, matogueiras…; esbozos acompañados de descricións pormenorizadas. Era xusto o broche de ouro que precisaba o seu traballo de investigación; o resultado de moitas horas illado na fraga en condicións precarias, sen móbil nin outro dispositivo tecnolóxico que o distraese da súa importante misión. Só levara o imprescindible, propiciando así a liberdade de movemento. Satisfeito do material conseguido, decidiu regresar á cidade. Mais alí segue, despois de varios meses, buscando o camiño de volta.



Todo estaba dibujado en la pequeña libreta gris que llevaba en el bolsillo de su pantalón: las setas conocidas y los nuevos hallazgos, los árboles asociados a cada especie, los distintos suelos, plantas, matojos...; esbozos acompañados de descripciones pormenorizadas. Era justo el broche de oro que necesitaba su trabajo de investigación; el resultado de muchas horas aislado en el bosque en condiciones precarias, sin móvil ni otro artilugio tecnológico que lo distrajera de su importante misión. Sólo había llevado lo imprescindible, propiciando así la libertad de movimiento. Satisfecho del material conseguido, decidió regresar a la ciudad. Pero allí sigue, después de varios meses, buscando el camino de vuelta.

                                                                                                                                                             Creado para REC 


19 oct 2014

MAL DE OUTONO / MAL DE OTOÑO



As amigas sempre teñen algunha tarefa que non pode esperar. O marido é unha persoa moi ocupada. O medo impídelle saír soa. A satisfacción do vicio non compensa tanta ansiedade, tanto síndrome de abstinencia reprimido. Cada ano promete que é o derradeiro, pero chega o outono e a febre volve; vese de novo mendigando comprensión e adeptos. E cada mañá de domingo sen pisar monte, sen cheirar a fungo, suponlle rozar a depresión e disimular as bágoas.




Las amigas siempre tienen algún quehacer inaplazable. Su marido es una persona muy ocupada. El miedo le impide salir sola. La satisfacción del vicio no compensa tanta ansiedad, tanto síndrome de abstinencia reprimido. Cada año se promete que  es el último, pero llega otoño y la fiebre vuelve;  se ve de nuevo mendigando comprensión y adeptos. Y cada mañana de domingo sin pisar el monte, sin oler a hongo, le supone rozar la depresión y disimular las lágrimas. 


7 sept 2014

A PREZO DE OURO / A PRECIO DE ORO


Unha compañeira do traballo, sabedora da súa afección micolóxica, invítaa á súa finca onde, segundo ela, hai cogomelos dabondo. Coma unha tola, bótase á estrada na procura da terra prometida. Efectivamente, hai moitas; aínda que a maioría, inservibles. De súpeto, aparece un can enorme con moi malas intencións; o dono, menos mal, consegue retelo a tempo. Asustada, regresa inmediatamente co cesto case baleiro, pensando en esquecer a experiencia o antes posible. Ás dúas semanas, a notificación dunha avultada multa de tráfico lémbralle aquela viaxe. ¿A como lle sairía o gramo de fungo?




Una compañera de trabajo, sabedora de su afición micológica, la invita a su finca donde, según ella, hay setas en cantidad. Como una loca, se echa a la carretera en busca de la tierra prometida. Efectivamente, hay muchas; aunque la mayoría, inservibles. De repente, aparece un enorme perro con muy malas intenciones, cuyo dueño, menos mal, consigue retenerlo a tiempo. Asustada, regresa inmediatamente con el cesto casi vacío, pensando en olvidar la experiencia cuanto antes. A las dos semanas, la notificación de una abultada multa de tráfico le recuerda aquel viaje. ¿A como le habrá salido el gramo de hongo?




16 jul 2014

¡TIERRA, TRÁGAME!


¡Cacho tropa vén aí! Os de onte berraban e corrían máis; tanto, que a piques estiveron de pisarme. Ó fin, non me descubriron e pasaron de largo. Pero os de hoxe son máis perigosos, veñen armados e escudriñan todo.
-¡Aquí, aquí! Atopei un cantarelo.
¡Hala! Xa cazaron ó meu irmán pequeno. Nin tempo tivo o pobre de lucir as súas esporas.
-Pois seguro que hai máis. Colle este pau e busca entre a follaxe.
Vaia, creo que chegou a miña hora. ¿Pero que fai ese tolo apuntándome cunha navalla? ¡¡Ai!!



¡Menuda tropa viene ahí! Los de ayer gritaban y corrían más; tanto, que a punto estuvieron de pisarme. Al final, no me descubrieron y pasaron de largo. Pero los de hoy son más peligrosos, vienen armados y escudriñan todo.
-¡Aquí, aquí! He encontrado un cantharellus.
¡Hala! Ya han cazado a mi hermana pequeña. Ni tiempo ha tenido la pobre de lucir sus esporas.
-Pues seguro que hay más. Coge este palo y busca entre la hojarasca.
Vaya, creo que ha llegado mi hora ¿Pero que hace ese loco apuntándome con una navaja? ¡¡Ay!!

Seleccionado e publicado no libro do Cuarto Certamen de MICRO MICO RELATOS San Jorge

26 abr 2014

GATO POR LEBRE / GATO POR LIEBRE




(Imaxe baixada de internet)
Buscou, inutilmente, en todo tipo de tendas. Ó fin, conseguiunas en internet. Tivo que superar o seu receo a mercar “por telepatía”, como ela lle chama, para facer o pedido. Desde que recibiu o paquete, tódolos días á tardiña, colle o coche  e trasládaas a un pequeno monte que adquiriu a propósito. Disponas segundo o seu hábitat preferido; unhas, illadas; outras, en corros… Ó amencer, vainas recoller. Antes de regresar, fai o tempo ata que o veciño fisgón se coloca detrás da cortina, e aparece ela co cesto ateigado  de flamantes cogomelos de plástico.




Buscó, inútilmente, en todo tipo de tiendas. Al final,  las consiguió en internet. Tuvo que superar su recelo hacia la compra “por telepatía”, como ella la llama, para hacer el pedido. Desde que  recibió el paquete, cada atardecer, coge el coche y las traslada a un pequeño monte que adquirió al efecto. Las dispone según su hábitat preferido; unas, aisladas; otras, en corros… De madrugada, las va a recoger. Antes de regresar, hace el tiempo hasta que el vecino fisgón se coloca detrás de la cortina, y aparece con el cesto repleto de sus flamantes setas de plástico. 

                                    Seleccionado e publicado no libro do Cuarto Certamen de MICRO MICO RELATOS San Jorge

11 mar 2014

SÍNDROME DE ABSTINENCIA


Estaba tan deshidratada e descolorida, que non podía distinguir que especie de cogomelo era; pero recolleuna coma se fose de cristal de roca. A falta de cesto, utilizou o gorro, e levouna correndo á casa. Pechouse no despacho e apalpouna, uliuna, mirouna coa lupa…; só lle faltou bicala. O corazón latexaba con forza e as pernas tremían. ¡Non podería recibir mellor agasallo de reis! Agora tería que buscarlle un bo agocho para que a súa muller non dea con ela nin a bote ó lixo coma outras veces.




(Imaxe baixada de internet)
Estaba tan deshidrata y descolorida, que no podía distinguir qué especie de seta era; pero la recogió como si fuera de cristal de roca. A falta de cesto, utilizó el gorro, y la llevó corriendo a casa. Se encerró en su despacho y la manoseó, la olió, la miró con lupa…; sólo le faltó besarla. El corazón palpitaba con fuerza y  las piernas le temblaban. ¡No podría haber recibido mejor regalo de reyes! Ahora tendría que buscarle un buen escondrijo para que su mujer no la encuentre ni la eche a la basura como otras veces. 



2 feb 2014

VIOLETUS BEGOEDIS


Begoña e a súa amiga, mestras de profesión e micólogas de pacotilla, despois de varias saídas infrutuosas por paraxes habituais, cambian de rumbo. Equipadas co instrumental pertinente, incluídos navalla con cepillo incorporado e angazo telescópico de fabricación doméstica, bótanse á estrada na procura da fraga encantada, seguindo as instrucións dun vello cazador.

Non sen atrancos, chegan, por fin, á meta. Efectivamente, é un fantástico monte con abundantes piñeiros e caducifolias, ideal para que os fungos medren a pracer. E así é: hainos de tódalas formas e cores, ¡pero ningún para o cesto!

Exhaustas e desalentadas, xa de retirada, tropezan cun grupo espectacular de cogomelos morados. Non logran identificalos; poderían ser lepistas ou cortinarius, pero non o parecen. ¿E se fosen unha especie descoñecida? ¿E se o achado as convertese algún día en protagonistas do libro gordo de micoloxía? Antes de abandonar semellante tesouro, sácanlle fotos desde tódolos ángulos e bautízano, empregando a tal efecto fragmentos dos seus propios nomes, por se pasan á historia…

Xa na casa, e mentres non indagan o protocolo a seguir, deciden patentar o seu descubrimento nun microrrelato de concurso.




Begoña y su amiga, maestras de profesión y micólogas de pacotilla, después de varias salidas infructuosas por parajes habituales, cambian de rumbo. Pertrechadas con el instrumental pertinente, incluidos navaja con cepillo incorporado y rastrillo telescópico de fabricación doméstica, se echan a la carretera en busca del bosque encantado, siguiendo las instrucciones de un viejo cazador.

No sin dificultades, llegan, por fin, a la meta. Efectivamente, es un fantástico monte con abundantes pinos y caducifolios, ideal para que los hongos crezcan a sus anchas. Y así es: los hay de todas las formas y colores, ¡pero ninguno para el cesto!

Exhaustas y desalentadas, ya de retirada, tropiezan con un grupo espectacular de setas moradas. No logran identificarlas; podrían ser lepistas o cortinarius, pero no lo parecen. ¿Y si fuera una especie desconocida? ¿Y si este hallazgo las convirtiera algún día en protagonistas del libro gordo de micología? Antes de abandonar semejante tesoro, lo fotografían desde todos los ángulos y lo bautizan, utilizando para ello fragmentos de sus propios nombres, por si pasan a la historia…

Ya en casa, y mientras no averiguan el protocolo a seguir, deciden patentar su descubrimiento en un microrrelato de concurso.


20 dic 2013

A NOITE ¿BOA? / LA NOCHE ¿BUENA?



Este ano dará que falar: vai substituír o clásico pavo por menú sorpresa. Cos últimos cantharellus tubaeformis recollidos con tanto mimo, langostinos dos caros e fabas extra, aplicará unha sofisticada receita que días antes xa practicou con éxito. Ós seus fillos vailles encantar, seguro.

Á noitiña, encérrase soa na cociña. Os demais agardan ansiosos. Ás dez, por fin, empezan a cear. Menos mal que hai sopa bastante e a piña está no seu punto, porque o prato  estrela non hai quen o trague. ¿Qué fallaría? ¡Quere morrer!





Este año dará el campanazo: va a sustituir el clásico pavo por menú sorpresa. Con los últimos cantharellus tubaeformis recolectados con tanto mimo, langostinos de los caros y habichuelas extra, aplicará una sofisticada receta que días antes ya practicó con éxito. A sus hijos les va a encantar, seguro.

Al anochecer, se encierra ella sola en la cocina. Los demás esperan ansiosos. A las diez, por fin, empiezan a cenar. Menos mal que hay sopa bastante y que la piña está en su punto, porque el plato estrella no hay quien lo trague. ¿Qué habrá fallado? ¡Se quiere morir! 



10 oct 2013

CUÑADAS


Son as dúas caras dunha moeda, pero comparten presuntos afectos dun home e paixón desmedida por botarse ó monte no outono, sempre por separado e ás agachadas. El, gran sibarita, é o máis beneficiado desta tolemia transitoria: o mesmo se volve cabaleiro degustanto tricholomas equestres cociñadas por súa irmá, que se converte no césar do imperio da súa casa devorando a exquisita amanita caesarea preparada pola muller. Iso si, ten o saudable costume de que o primeiro bocado sexa sempre para a anfitrioa do momento. ¡Canto cine viu e que pouco entende de toxicidade micolóxica!




(Imaxe baixada de internet)
Son las dos caras de una moneda, pero comparten presuntos afectos de un hombre y pasión desmedida por echarse al monte en otoño, siempre por separado y a hurtadillas. Él, gran sibarita, es el más beneficiado de esta locura transitoria: lo mismo se vuelve caballero degustando tricholomas equestres cocinadas por su hermana, que se convierte en el césar del imperio de su casa devorando las exquisitas oronjas preparadas por su mujer. Eso sí, tiene la sana costumbre de que el primer bocado sea siempre para la anfitriona de turno. ¡Cuánto cine vio y que poco entiende de toxicidad micológica!



Seleccionado e publicado no  libro "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"

15 sept 2013

CONDENADA SEN XUÍZO / CONDENADA SIN JUICIO


           -¡Coidado, xa está aquí!
          As malas linguas correron a voz e axiña a localidade enteira estaba previda. Ela, nova na zona, solitaria e inofensiva, non tiña idea da axitación que provocaba. Aínda que a súa presenza infundía temor, todo o mundo lle quería ver a cara. Non tardaron en chegar os primeiros insultos e as vexacións máis humillantes, que soportou con estoica resignación. Pero non puido resistir as agresións físicas: unha patada brutal deixouna totalmente desfeita. ¡Pobre! ¡Que culpa tería ela de parecerse tanto á Phalloides do outono anterior…!


(Imaxe baixada de internet)


             -¡Cuidado, ya está aquí!
           Las malas lenguas corrieron la voz y en pocas horas el pueblo entero estaba prevenido. Ella, nueva en la zona, solitaria e inofensiva, era ajena al revuelo que provocaba. Aunque su presencia infundía temor, todo el mundo quería verle la cara. No tardaron en llegar los primeros insultos y las vejaciones más humillantes, que soportó con estoica resignación. Pero no pudo resistir las agresiones físicas: una patada brutal la dejó totalmente destrozada. ¡Pobre! ¡Qué culpa tendría ella de parecerse tanto a la Phalloides del otoño anterior…!


Seleccionado e publicado no  "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"

24 jul 2013

EN MALA ÉPOCA







Odio o meu estúpido costume de conservar toda clase de cogomelos comestibles: desecados, ó “vacío”, no conxelador… ¿Para que me serven agora? ¿Por que ninguén me recomendou gardar un dos mortais? ¡Tiña que aparecer precisamente neste tórrido verán, non podía agardar un par de meses… ¡Maldita metástase!







Odio mi estúpida costumbre de conservar toda clase de setas comestibles: desecadas, al vacío, en el congelador… ¿Para qué me sirven ahora? ¿Por qué nadie me ha recomendado nunca guardar una mortal? ¡Tenía que aparecer precisamente en este tórrido verano, no podía esperar un par de meses…! ¡Maldita metástasis!

Seleccionado e publicado no  "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"

6 jun 2013

SIMBIOSE / SIMBIOSIS








Camiña a diario coa súa veciña da alma, adicta a embutidos e bolos. Ela, non; pero acompáñaa encantada. En época de cogomelos, sen que a outra, faladeira  incansable, se decate, vaina desviando da ruta do colesterol; se hai sorte, a bolsiña, camuflada con premeditación, volve cargada. O resto do ano, acostuma coller tortícolis de tanto xirar a cabeza cara ás cunetas, montes, xardíns… e calquera lugar propicio para que un despistado fungo asome. Aínda que o máis complicado é, sen dúbida, evitar que a compañeira do paseo descubra que non a escoita.

                                                                     
                                           

Camina diariamente con su vecina del alma, adicta a embutidos y bollería. Ella, no; pero la acompaña encantada. En época de setas, sin que la otra, charlatana incansable, se dé apenas cuenta, la va desviando de la ruta del colesterol; si hay suerte, la bolsita, camuflada al efecto con premeditación, regresa cargada. El resto del año, suele coger tortícolis de tanto girar la cabeza hacia cunetas, montes, jardines… y todo lugar propicio para que un despistado hongo asome. Aunque lo más complicado es, sin duda, evitar que su compañera de paseo descubra que no la escucha.


 Seleccionado e publicado no  "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"