Descubrino á tardiña no xardín, mentres lle arrincaba unhas flores murchas á roseira. Era ovoide e luminoso. Tanto me fascinou que decidín trasladalo ó interior da casa. Acomodeino entre algodóns nun xoieiro translúcido. Á mañá seguinte, deixoume abraiada: triplicara o seu tamaño e non cabía no cofre. Libereino sobre unha bandexa. Relucía cada vez menos. Antes de apagarse de todo, emitiu un chispazo forte. Preocupábame deixalo só, pero debía marchar. Saín a escape, sen almorzar sequera. Ese día non conseguín concentrarme no traballo. Regresei máis cedo do habitual. Impresionoume atopalo coas dimensións e o brillo orixinais. Púxenme moi nerviosa cando empezou a escintilar. Sen saber a razón, entendín que tiña urxencia por volver para fóra. Pouseino no chan, xusto onde o atopara a véspera. Sentei a carón del. Perdín a noción do tempo contemplándoo. Ata esquecín que non xantara. A tarde foise rendendo; o luscofusco estaba a piques de vencela. De súpeto, aquel ovo rutilante desapareceu, deixando unha pegada indeleble no céspede e un baleiro en min con forma de interrogación.
POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:
“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
4 jul 2026
ILUSIÓN FUXIDÍA / ILUSIÓN EFÍMERA
6 jun 2026
BEGOÑA
mentres pechas unha etapa.
Vas buscando novas vidas
que te esperan desde hai séculos.
Vas vivindo
mentres segues soñando.
Vas abriendo viejas puertas
mientras cierras una etapa.
Vas buscando nuevas vidas
que te esperan hace siglos.
Vas viviendo
mientras sigues soñando.
13 may 2026
LIBROS
Merquei dous libros.
Un, para adorno.
O outro, de saldo.
Compré dos libros.
Uno, de adorno.
Otro, de saldo.
27 abr 2026
FILLOS DE PAPEL/ HIJOS DE PAPEL
Acariño
as súas redondeces imperfectas. Necesito apalpalo ata empezar a parir o
seguinte. Só entón, podo acomodalo xunto ós seus irmáns anteriores. Manías. O
domingo sácoos á rúa para doalos un a un. Algúns transeúntes rexeitan o
ofrecemento con xesto hostil; outros, ó despregalo e descubrir o contido,
páganmo cun sorriso. Eu agradezo as distintas reaccións de igual xeito porque
todas serán nutrientes básicos dos meus próximos relatos. Unha vez impresos en
papel, engúrroos formando esferas desiguais: sementes que vou esparexendo entre
a xente. Por se xerminan.
Acaricio sus redondeces imperfectas. Necesito manosearlo hasta empezar a parir el siguiente. Solo entonces, puedo acomodarlo junto a sus hermanos anteriores. Manías. El domingo los saco a la calle para donarlos uno a uno. Algunos transeúntes rechazan el ofrecimiento con gesto hostil; otros, al desplegarlo y descubrir el contenido, me lo pagan con una sonrisa. Yo agradezco las distintas reacciones de igual manera porque todas serán nutrientes básicos de mis próximos relatos. Una vez impresos en papel, los arrugo formando esferas desiguales: semillas que voy esparciendo entre la gente. Por si germinan.
25 abr 2026
LUNÁTICA
Mi niña era muy caprichosa. Una noche se empeñó en ver el
otro lado de la Luna. No fuimos capaces de retenerla. Cogió una mochila y se
fue diciendo que pronto nos enviaría una foto. Hoy hace 40 años. Seguimos
esperándola.
9 abr 2026
POR ALGO ME CHAMAN DOLORES / POR ALGO ME LLAMAN DOLORES
Máis có pasado que non lembro
dóeme o que non dou esquecido.
E o presente reumático,
o futuro raquítico,
os tempos perdidos que non hei recuperar,
as tristuras da parella e demais achegados,
o vicio da docencia
(presuntamente inútil),
os desatinos vergonzosos
deste mundo (irreversibles).
![]() |
| Imaxe de internet (Pixabay) |
E dóenme tanto as dores dos fillos
que me arrepinto de telos parido.
Más que el pasado que no recuerdo
me duele el que no puedo olvidar.
Y el presente reumático,
el futuro raquítico,
los tiempos perdidos que no voy a recuperar,
las tristezas de la pareja y demás allegados,
el vicio de docencia
(presuntamente inútil),
los desatinos bochornosos
de este mundo (irreversibles).
Y me duelen tanto los dolores de los hijos
que me arrepiento infinito de haberlos parido.
7 abr 2026
MAL PROGNÓSTICO / MAL PRONÓSTICO
Tras reconocer, demasiado tarde, que
nunca debí fiarme de él, la decepción y el enojo pertinentes han ido
degenerando: sufro ahora pesar crónico, al asumir que jamás volveré a creer en
mí.
Relato publicado en ENTC
20 feb 2026
A FONTE DA MEIGA
A
poucas leguas de Compostela, hai unha fonte temida polos homes. Contan que se
detivo alí un peregrino medieval galo para beber e refrescar os pés danados.
Aparece entón unha muller e ofrécelle as súas mañas de curandeira. Satisfeito,
tenta recompensala, pero ela decide cobrarlle máis adiante. O forasteiro renova
a marcha ignorando que xamais poderá saciar a sede con outras augas. Durante
toda a vida, verase obrigado a regresar frecuentemente a ese mesmo lugar. Mesmo
morto, a súa sombra continuou de rolda, como aseguraron algunhas mozas. Aínda hoxe,
chaman fillos do francés ós nados na rexión sen pai coñecido.
A pocas leguas de Compostela, hay una fuente temida por los hombres. Cuentan que un peregrino medieval galo se habría detenido allí para beber y refrescar los pies dañados. Aparece entonces una mujer y le ofrece sus mañas de curandera. Satisfecho, intenta recompensarla, pero ella decide cobrarle más adelante. El forastero reanuda la marcha ignorando que jamás podrá saciar la sed con otras aguas. Durante toda la vida, se verá obligado a regresar frecuentemente a ese mismo lugar. Incluso muerto, su sombra continuó de ronda, como aseguraron algunas mozas. Aún hoy, llaman hijos del francés a los nacidos en la región sin padre conocido.
19 feb 2026
DIÓXENES / DIÓGENES
Aínda
que Dna. Carmen sempre se negaba a abrir a porta a ninguén, esa vez era
evidente que urxía prestarlle axuda. Ultimamente non saía da casa nin para
visitar os contedores do lixo. Ademais do balbordo de cans e gatos, cada vez
máis estridente, o fedor na escaleira xa resultaba insoportable. A preocupación
lóxica dos veciños converteuse en desesperación. Había tempo que esgotaran a
paciencia e tódalas vías ó seu alcance para solicitar a intervención dos
servizos sociais e outros organismos presuntamente competentes. Sempre a mesma
resposta: sen consentimento da afectada ou autorización xudicial, imposible
invadir o ámbito privado. Pero chegou a nova Lei de Benestar Animal e viron na
norma unha posible saída. Denunciaron con présa as condicións indignas nas que
se achaban as mascotas do 3º B. Poucos días despois, acudían ó edificio as
autoridades de orde pública. Como non houbo resposta desde o interior,
accederon á vivenda por medios propios e, veloces, trasladaron a unha
protectora algúns animais aínda vivos. Ela tivo menos sorte: o que se puido
recuperar da anciá foi ó depósito de cadáveres.
8 ene 2026
SORPRESA DE IDA E VOLTA / SORPRESA DE IDA Y VUELTA
Abúrreme o Nadal. Adoito evitalo indo de safari ou a calquera destino exótico. Pero este ano cambio esas aventuras por outra de maior risco: sorprender á familia na cea de Noiteboa.
Non me esperan. Desde fóra, oio entre o boureo disparos de tapóns de champaña e choques de copas. Envío unha mensaxe anónima a miña irmá rogándolle que abra a porta a Papá Noel, demasiado gordo para entrar pola cheminea. Responde. Alucino: a moi inocente creo. Pretende deitalos a todos primeiro empeñada en que non me vexan. Chove. Cando abre ó fin, descobre a un tipo fraco tremelicando, con barba postiza e disfrace vermello enchoupado de auganeve; a carón, un saco grande. Asústase, pecha de golpe e chama á policía.
Grazas á estufa da comisaría, podo recuperar a fala e explicarme. Os axentes tentan, sen éxito, controlar as gargalladas.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Me aburren las Navidades. Suelo evitarlas yendo de safari o a cualquier destino exótico. Pero este año cambio esas aventuras por otra de mayor riesgo: sorprender a la familia en la cena de Nochebuena.
No me esperan. Desde fuera, oigo entre el bullicio disparos de corchos de champán y choques de copas. Envío un mensaje anónimo a mi hermana rogándole que abra la puerta a Papá Noel, demasiado gordo para entrar por la chimenea. Responde. Alucino: la muy inocentona se lo cree. Pretende acostarlos a todos primero empeñada en que no me vean. Llueve. Cuando abre al fin, descubre a un tipo flaco tiritando, con barba postiza y disfraz rojo empapado de aguanieve; a su lado, un saco grande. Se asusta, cierra de golpe y llama a la policía.
Gracias a la estufa de comisaría, puedo recuperar el habla y explicarme. Los agentes intentan, sin éxito, controlar las carcajadas.
Relato creado para el GORDO ENTC 2025









