Descubrino á tardiña no xardín, mentres lle arrincaba unhas flores murchas á roseira. Era ovoide e luminoso. Tanto me fascinou que decidín trasladalo ó interior da casa. Acomodeino entre algodóns nun xoieiro translúcido. Á mañá seguinte, deixoume abraiada: triplicara o seu tamaño e non cabía no cofre. Libereino sobre unha bandexa. Relucía cada vez menos. Antes de apagarse de todo, emitiu un chispazo forte. Preocupábame deixalo só, pero debía marchar. Saín a escape, sen almorzar sequera. Ese día non conseguín concentrarme no traballo. Regresei máis cedo do habitual. Impresionoume atopalo coas dimensións e o brillo orixinais. Púxenme moi nerviosa cando empezou a escintilar. Sen saber a razón, entendín que tiña urxencia por volver para fóra. Pouseino no chan, xusto onde o atopara a véspera. Sentei a carón del. Perdín a noción do tempo contemplándoo. Ata esquecín que non xantara. A tarde foise rendendo; o luscofusco estaba a piques de vencela. De súpeto, aquel ovo rutilante desapareceu, deixando unha pegada indeleble no céspede e un baleiro en min con forma de interrogación.
POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:
“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
4 jul 2026
ILUSIÓN FUXIDÍA / ILUSIÓN EFÍMERA
27 abr 2026
FILLOS DE PAPEL/ HIJOS DE PAPEL
Acariño
as súas redondeces imperfectas. Necesito apalpalo ata empezar a parir o
seguinte. Só entón, podo acomodalo xunto ós seus irmáns anteriores. Manías. O
domingo sácoos á rúa para doalos un a un. Algúns transeúntes rexeitan o
ofrecemento con xesto hostil; outros, ó despregalo e descubrir o contido,
páganmo cun sorriso. Eu agradezo as distintas reaccións de igual xeito porque
todas serán nutrientes básicos dos meus próximos relatos. Unha vez impresos en
papel, engúrroos formando esferas desiguais: sementes que vou esparexendo entre
a xente. Por se xerminan.
Acaricio sus redondeces imperfectas. Necesito manosearlo hasta empezar a parir el siguiente. Solo entonces, puedo acomodarlo junto a sus hermanos anteriores. Manías. El domingo los saco a la calle para donarlos uno a uno. Algunos transeúntes rechazan el ofrecimiento con gesto hostil; otros, al desplegarlo y descubrir el contenido, me lo pagan con una sonrisa. Yo agradezco las distintas reacciones de igual manera porque todas serán nutrientes básicos de mis próximos relatos. Una vez impresos en papel, los arrugo formando esferas desiguales: semillas que voy esparciendo entre la gente. Por si germinan.
20 feb 2026
A FONTE DA MEIGA
A
poucas leguas de Compostela, hai unha fonte temida polos homes. Contan que se
detivo alí un peregrino medieval galo para beber e refrescar os pés danados.
Aparece entón unha muller e ofrécelle as súas mañas de curandeira. Satisfeito,
tenta recompensala, pero ela decide cobrarlle máis adiante. O forasteiro renova
a marcha ignorando que xamais poderá saciar a sede con outras augas. Durante
toda a vida, verase obrigado a regresar frecuentemente a ese mesmo lugar. Mesmo
morto, a súa sombra continuou de rolda, como aseguraron algunhas mozas. Aínda hoxe,
chaman fillos do francés ós nados na rexión sen pai coñecido.
A pocas leguas de Compostela, hay una fuente temida por los hombres. Cuentan que un peregrino medieval galo se habría detenido allí para beber y refrescar los pies dañados. Aparece entonces una mujer y le ofrece sus mañas de curandera. Satisfecho, intenta recompensarla, pero ella decide cobrarle más adelante. El forastero reanuda la marcha ignorando que jamás podrá saciar la sed con otras aguas. Durante toda la vida, se verá obligado a regresar frecuentemente a ese mismo lugar. Incluso muerto, su sombra continuó de ronda, como aseguraron algunas mozas. Aún hoy, llaman hijos del francés a los nacidos en la región sin padre conocido.
8 dic 2025
SIMBIOSE PRAGMÁTICA / SIMBIOSIS PRAGMÁTICA
Son empregada do fogar interna. Coido dunha anciá a xornada
completa. Non me queixo; a súa familia, que reside lonxe, adoita ingresar cada
mes na miña conta o salario acordado. Ela dispón de diñeiro en efectivo para os
gastos cotiáns. Eu encárgome das demais tarefas: limpeza, alimentación, paseos,
médicos.... Desde o principio, convivimos sen ningún conflito. Ata que chegaron
os malditos avisos de deterioración mental. Non quere asearse nin saír, négase
a comer ou faino a deshora, perde a carteira... De cando en vez, teño que
realizar pagos inevitables cos meus aforros. Tamén me resulta estraño organizar
o seu armario; antes permanecía sempre pechado e agora revólveo tódolos días.
Esta mañá, ordenándoo detidamente, descubrín entre a roupa unha bolsa cargada
de billetes. Reposta do sobresalto, a primeira reacción foi ignorar o achado;
despois pensei en chamar a un familiar; pero, ó final, decidín gardala no meu
cuarto. Con ese capital milagroso, poderei ofrecerlle as mellores atencións,
incluso os servizos de doutores privados se fose necesario. Debo administralo
ben. Será un seguro de vida para ámbalas dúas: canto máis dure a señora, máis
tempo terei teito e emprego fixo.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Soy empleada del hogar interna. Cuido de una anciana a jornada completa. No me quejo; su familia, que reside lejos, suele ingresar cada mes en mi cuenta el salario acordado. Ella dispone de dinero en efectivo para los gastos cotidianos. Yo me encargo de las demás tareas: limpieza, alimentación, paseos, médicos.... Desde el principio, convivimos sin conflicto alguno. Hasta que han llegado los malditos avisos de deterioro mental. No quiere asearse ni salir, se niega a comer o lo hace a deshora, pierde la cartera... De vez en cuando, tengo que realizar pagos inevitables con mis ahorros. También me resulta extraño organizar su armario; antes permanecía siempre bajo llave y ahora lo revuelve todos los días. Esta mañana, ordenándolo detenidamente, descubrí entre la ropa una bolsa cargada de billetes. Repuesta del sobresalto, la primera reacción fue ignorar el hallazgo; luego pensé en llamar a un familiar; pero, al final, he decidido guardarla en mi cuarto. Con ese capital milagroso, podré ofrecerle las mejores atenciones, incluso los servicios de doctores privados si fuera necesario. Debo administrarlo bien. Será un seguro de vida para ambas: cuanto más dure la señora, más tiempo tendré techo y empleo fijo.
Relato publicado en ENTC
8 oct 2025
UN SER DE LUZ (ARTIFICIAL)
Hai un par de anos, Sara cambiou o piso por unha casa vella con horta. Aínda que os novos veciños a recibiron mellor do que esperaba, andan amoscados porque case non a ven. Disque a luz do día lle produce tal estrés que non consegue funcionar, desoriéntase totalmente. Por iso fai vida de noite, sen medo a nada nin a ninguén. A xente desconfía. Os animais nocturnos habituais xa se cruzan con ela sen inmutarse; os esporádicos foxen ante un ser vertical cunha luz potente na testa. Descoñecen que é unha lanterna para ver onde pisa ou espeta o sacho.
Sara ten un problema novo: prohibiron recoller cogomelos na comarca despois da tardiña. Como eses manxares colaboraron na súa decisión de mudarse á aldea, rexeita desaproveitalos. Esta mañá ben cedo, antes de deitarse, fíxose a valente e saíu. Deu chegado ó monte e mesmo encheu o cesto, pero atopar o camiño de volta foi imposible. Bota de menos no peto o móbil repudiado. E alá segue, sen rumbo, cada vez máis lonxe, morta de fame, toqueando ós poucos, ata que a escuridade lle indique a dirección correcta. Os fungos recollidos empezan a deteriorarse.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Hace un par de años, Sara cambió el piso por una casa vieja con huerta. Aunque los nuevos vecinos la recibieron mejor de lo que esperaba, andan mosqueados porque casi no la ven. Al parecer, la luz del día le produce tal estrés que no consigue funcionar, se desorienta totalmente. Por eso vive de noche, sin miedo a nada ni a nadie. La gente desconfía. Los animales nocturnos habituales ya se cruzan con ella sin inmutarse; los esporádicos huyen ante un ser vertical con una luz potente en la cabeza. Desconocen que es una linterna para ver dónde pisa o clava el azadón.
Sara tiene un problema nuevo: han prohibido recoger setas en la comarca después del atardecer. Como esos manjares colaboraron en su decisión de mudarse a la aldea, rechaza desaprovecharlos. Esta mañana muy temprano, antes de acostarse, se hizo la valiente y salió. Pudo llegar al monte e incluso llenó el cesto, pero encontrar el camino de vuelta fue imposible. Echa de menos en el bolsillo el móvil repudiado. Y allá sigue, sin rumbo, cada vez más lejos, muerta de hambre, dando cabezadas, hasta que la oscuridad le indique la dirección correcta. Los hongos recogidos empiezan a deteriorarse.
Relato publicado en ENTC
28 sept 2025
MAN ESQUERDA / MANO IZQUIERDA
Desde que un estúpido accidente doméstico lle queimou a destra con aceite de tirabeques, a súa vida é outra. De súpeto e por orde, xurdiron os trastornos clásicos: dor, curas, uso forzoso da zurda, certa dependencia... Despois chegou un cambio de carácter inesperado. Grazas ó seu novo talante conciliador e persuasivo, conseguiu recuperar o trato con tódolos veciños, convencer ó marido para reformar o baño ou que os netos coman verdura. Como ela mesma continúa colocando a vendaxe, ninguén sabe que o centro de saúde lle deu a alta hai dúas semanas. Teme desfacer o feitizo.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
19 ago 2025
INCONGRUENCIAS
Este ano non puidemos
desfacernos dos restos da poda arbórea porque a Administración denegou os
permisos para a queima desde abril. Xustificación esgrimida: a seca anormal
anticipa e incrementa o risco de incendios.
O verán está recentemente estreado. Saímos en coche sobre as sete da tarde, con ceo despexado e calor. Uns quilómetros despois, o sol empeza a cubrirse. Pensamos se a bruma da ría terá algunha culpa, pero o cheiro a fume enseguida disipa as dúbidas. Non divisamos lume. A visibilidade empeora. A miña sogra nonaxenaria que, por vontade propia, vive máis lonxe e soa do debido, espera a visita. Seguimos. Alívianos atopala sosegada. Ceamos con ela unhas sardiñas feitas na grella e regresamos. A noite deixa ver as chamas. Aínda que invaden a paisaxe, non asustan demasiado. Un sorriso bilateral e malicioso sorpréndenos: o noso problema ten solución. Cando cheguemos, haberá que mudarse e ir á horta. Toca suar.
Coma sempre, os xornais destacan en portada as innumerables fogueiras xeradas para festexar San Xoán. Dita noticia aparece ilustrada coa foto dunha praia absolutamente cuberta por toneladas de lixo, pegada indeleble do desenfreo nocturno.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Este año no pudimos deshacernos de los restos de poda arbórea porque la Administración denegó los permisos para quema desde abril. Justificación esgrimida: la sequía anormal anticipa e incrementa el riesgo de incendios.
El verano está recién estrenado. Salimos en coche sobre las siete de la tarde, con cielo despejado y calor. Unos kilómetros después, el sol empieza a cubrirse. Pensamos si la bruma de la ría tendrá alguna culpa, pero el olor a humo enseguida disipa las dudas. No divisamos fuego. La visibilidad empeora. Mi suegra nonagenaria que, por voluntad propia, vive más lejos y sola de lo debido, espera la visita. Seguimos. Nos alivia encontrarla sosegada. Cenamos con ella unas sardinas a la parrilla y regresamos. La noche deja ver las llamas. Aunque invaden el paisaje, no asustan demasiado. Una sonrisa bilateral y maliciosa nos sorprende: nuestro problema tiene solución. Cuando lleguemos, habrá que mudarse e ir al huerto. Toca sudar.
Como siempre, los periódicos destacan en portada las innumerables hogueras generadas para festejar San Juan. Dicha noticia aparece ilustrada con la foto de una playa absolutamente cubierta por toneladas de basura, huella indeleble del desmadre nocturno.
1 ago 2025
EFECTO INVERNADOIRO / EFECTO INVERNADERO
Viúvo e sen fillos que herden, Xesús despide os traballadores, abandona os cultivos e retírase a consumir saúde e capital. Camila, unha das xornaleiras prexudicadas, algo máis nova cás outras, deixa a casoupa arrendada onde vive e arríscase a cambiar de aires. Despois de longos meses malvivindo na cidade, retorna á mesma aldea coa intención de buscar calquera emprego pola zona e ocupar con discreción un invernadoiro do antigo amo. Escolle o mellor: é de vidro, vese menos deteriorado cós de plástico e está afastado das vivendas. Non será un pazo, pero en sitios peores ten durmido. Camila sabe por experiencia que dispoñer dun teito fixo onde acubillarse resulta fundamental nas entrevistas laborais. Amobla o seu novo habitáculo cunha hamaca vella, a maleta medio baleira, un caldeiro... Por sorte, a billa da rega segue funcionando. Tamén perduran unhas poucas hortalizas aínda comestibles, e bastante herba que arrincar. En días sucesivos, agrega algúns alimentos básicos mais un fornelo portátil. De noite, pasa frío; cando loce o sol, como non hai habitantes cerca, vaise espindo pouco a pouco ata quedar en coiros, para non afogar coa calor. Xesús compra uns prismáticos caros.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
15 may 2025
INERCIA
Estou ó volante nunha retención camiño do traballo. Aproveito para maquillarme, repasar os apuntamentos da oposición, planificar tarefas domésticas… De súpeto, a caravana móvese e aínda non acabei. ¡Os atascos xa non son o que eran! Cambiarei de ruta, a ver se hai máis sorte.
![]() |
| Imaxe procedente de interne |
23 abr 2025
FINAL PRORROGADO DE LECTOR EMPEDERNIDO
Cruza o océano. Atravesa unha selva tras outra. Sofre ataques crueis, non exclusivamente de animais. Pasa fame. Soporta temperaturas extremas, febres, diluvios... Pérdeo todo. Menos o libro escachizado que carrexa amarrado con lianas, seguro de que as súas páxinas maltreitas aínda poden guialo. Do título xa só quedan anacos de palabras: ien añ d soled. No seu delirio, cre divisar un gran letreiro borroso que debería poñer Macondo. Alcanzalo faralle tocar o ceo. Non ten forzas para felicitarse. Segue camiñando, arrastrándose case. Canto máis avanza, máis lonxe ve o cartel. Nun intre de lucidez, decide renderse; pero a ilusión agárrao do pescozo e bérralle ó oído que un non morre cando debe, senón cando pode. Continúa.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Cruza el océano. Atraviesa una selva tras otra. Sufre ataques crueles, no exclusivamente de animales. Pasa hambre. Soporta temperaturas extremas, fiebres, diluvios... Lo pierde todo. Menos el libro hecho trizas que acarrea amarrado con lianas, seguro de que sus páginas maltrechas aún pueden guiarlo. Del título ya solo quedan trozos de palabras: ien añ d soled. En su delirio, cree divisar un gran letrero borroso que debería poner Macondo. Alcanzarlo le hará tocar el cielo. No tiene fuerzas para felicitarse. Sigue caminando, arrastrándose casi. Cuanto más avanza, más lejos ve el cartel. En unos segundos de lucidez, decide rendirse; pero la ilusión lo agarra del cuello y le grita al oído que uno no se muere cuando debe, sino cuando puede. Continúa.
16 mar 2025
ANTIHEROE FORZOSO / ANTIHÉROE FORZOSO
Non tivo moita sorte cos pais que lle tocaron, sempre endebedados e de mal humor. Ademais, chegou tarde á repartición de xenes e tivo que apandar coas sobras. Os guapos e simpáticos xa os pillaran as súas irmás maiores. Por iso lle gustaba tanto disfrazarse, porque así facía graza á xente, e esta esquecía mofarse del durante unhas horas.
A primeira vez foi de Superman, no parvulario. Súa nai improvisou a vestimenta: calzón sobre pantalón raquítico e capa rachada dun mandil vello. Todo o mundo se riu del, pero non se decatou. Tardou anos en descubrir que as gargalladas de entón, o mesmo cás posteriores, tamén eran burlas, provocadas polo aspecto grotesco que amosaba a súa estampa cos disfraces caseiros de heroes ficticios, atavíos que el gardaba con tanto aprecio. Comprendeu de golpe a situación: urxía un cambio de rumbo.
Botouse ó mundo vestido de mendigo, disposto a dar pena tan só. Non se despediu de ninguén e nunca soubo se o estrañaron. De porta en porta, de igrexa en igrexa, de ponte a ponte… fíxose rico e regresou. Nin a propia familia puido pescudar a verdadeira identidade de tan misterioso e pimpante cabaleiro. Esa foi a súa vinganza.
Unha mañá, desapareceu de novo. Definitivamente. Na habitación do luxoso hotel onde se hospedara, atoparon un calzón infantil avellado e unha especie de capa esfiañada.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
No tuvo mucha suerte con los padres que le tocaron, siempre endeudados y de mal humor. Además, llegó tarde al reparto de genes y hubo de apandar con las sobras. Los guapos y simpáticos ya los habían pillado sus hermanas mayores. Por eso le gustaba tanto disfrazarse, porque así hacía gracia a la gente, y esta olvidaba mofarse de él durante unas horas.
La primera vez fue de Superman, en el parvulario. Su madre improvisó el atuendo: calzoncillo sobre pantalón raquítico y capa rasgada de un mandil viejo. Todo el mundo se rió de él, pero no se enteró. Tardó años en descubrir que las carcajadas de entonces, igual que las posteriores, también eran burlas, provocadas por el aspecto grotesco que mostraba su estampa con los disfraces caseros de héroes ficticios, atuendos que él guardaba con tanto aprecio. Comprendió de golpe la situación: urgía un cambio de rumbo.
Se echó al mundo vestido de mendigo, dispuesto a dar pena solamente. No se despidió de nadie y nunca supo si lo añoraron. De puerta en puerta, de iglesia en iglesia, de puente a puente… se hizo rico y regresó. Ni la propia familia pudo averiguar la verdadera identidad de tan misterioso y encopetado caballero. Esa fue su venganza.
Una mañana, desapareció de nuevo. Definitivamente. En la habitación del lujoso hotel donde se había hospedado, encontraron un calzón infantil ajado y una especie de capa deshilachada.
23 feb 2025
EVOLUCIÓN
Después de lustros amaestrando delfines, notó dificultades para enfundar el neopreno. Tuvo que dejar de usarlo, lo mismo que las extremidades, convertidas ahora en apéndices con pretensiones de aletas. Sus inteligentes cetáceos asumieron la situación y lo entrenan a diario. Hay lista de espera para asistir al nuevo espectáculo del parque acuático.
7 feb 2025
UN OCUPA SILENCIOSO
Desde unha viga do teito, colga o coteno da soga rabenada inutilmente. O arrendador, que pretendía cobrar os atrasos, tardará en recuperarse do susto. A silueta de xiz resístese a desaparecer do chan, facendo indeleble o recordo da traxedia.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Non podía desaproveitar a
oportunidade de contemplar de preto as verdadeiras reaccións da xente e decidín
quedarme un tempo; pero agora xa lle collín gusto e non penso irme. Debín
facelo antes, nunca vivín mellor. Aínda que poñan a casa en venda, seralles
difícil atopar a alguén que acepte compartir piso coa pantasma dun suicida.
Desde una viga del techo, cuelga el muñón de
la soga cercenada inútilmente. El casero, que pretendía cobrar los atrasos,
tardará en recuperarse del susto. La silueta de tiza se resiste a desaparecer
del suelo, haciendo indeleble el recuerdo de la tragedia.
No podía desaprovechar la oportunidad de
contemplar de cerca las verdaderas reacciones de la gente y decidí quedarme un
tiempo; pero ahora ya le he cogido gusto y no pienso irme. Debí hacerlo antes,
nunca he vivido mejor. Aunque pongan la casa en venta, les será difícil
encontrar a alguien que acepte compartir piso con el fantasma de un suicida.
28 ene 2025
ENCONTRO ASIMÉTRICO / ENCUENTRO ASIMÉTRICO
Deambulo por un centro comercial buscando o que non atopo. Creo cruzarme cunha muller coñecida e volvo a cabeza. Ela tamén se vira. Durante uns segundos, intercambiamos miradas incómodas e sorrisos parvos; enseguida eliminamos a distancia para saudarnos efusivamente. Hai tanto tempo que non nos vemos...! Conversamos un bo cacho. Poñémonos ó día narrando detalles da nosa situación familiar e laboral actual. Despois pregunta pola miña irmá Carmiña. Quen me coñece non se libra de evocala a ela. Tiro dese fío para seguir charlando. Cóntolle o unidas que estivemos sempre desde o seu nacemento, só un ano despois do meu: vestidas como xemelgas, a escola rural, a primeira comuñón, os labores agrícolas, o instituto, a cama estreita compartida na pensión, mesma carreira universitaria... De súpeto, somos conscientes de que entorpecemos a circulación dos demais compradores. Despedímonos a escape cun forte abrazo, saúdos á familia, desexos de volver a vernos pronto e, por suposto, un bico para Carmiña da súa parte.
Síntoo, irmanciña, nunca saberás que persoa se interesa por ti e te lembra con agarimo porque non teño a menor idea de quen era esa señora.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Lo siento, hermanita, nunca sabrás qué persona se interesa por ti y te recuerda con cariño porque no tengo la menor idea de quién era esa señora.
7 ene 2025
ALÍ ARRIBA / ALLÍ ARRIBA
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Se concentró y empezó a levitar como tenía por costumbre hacer en sueños, aunque esta vez estaba bien despierta. Al llegar al techo, quiso bajar y no supo. Necesitaría dormirse a ver si soñaba la solución. Pero en aquel lugar, en semejante posición y sin manta…
19 dic 2024
VOCACIÓN FABULOSA
Achegouse ó mostrador a bo paso, iniciando aí a súa rutina. Sen deterse apenas, colle unha máscara cirúrxica, saúda coa man ás enfermeiras e continúa. Leva bata branca con placa identificativa, cabeleira gris, sorriso permanente, fonendoscopio ó pescozo, axenda... Visita a cada paciente da planta despois de que toda clase de persoal uniformado despexase as habitacións; os carriños da comida aínda non asoman polo corredor. Interroga, responde, anota, anima e, sobre todo, promete volver pronto. Os enfermos quedan encantados. Pero non o volven a ver. Cando preguntan por el, ninguén sabe quen é. En días sucesivos, á mesma hora, repite a actuación noutros hospitais. Aínda que nunca pisou universidade algunha, pensa que é médico.
Se acercó al mostrador a buen paso, iniciando ahí su rutina. Sin
detenerse apenas, coge una mascarilla, saluda con la mano a las enfermeras y
continúa. Lleva bata blanca con placa identificativa, cabellera canosa, sonrisa
permanente, fonendoscopio al cuello, agenda... Visita a cada paciente de la
planta después de que toda clase de personal uniformado haya despejado las
habitaciones; los carritos de la comida todavía no asoman por el pasillo.
Interroga, responde, anota, anima y, sobre todo, promete volver pronto. Los
enfermos quedan encantados. Pero no lo vuelven a ver. Cuando preguntan por él,
nadie sabe quién es. En días sucesivos, a la misma hora, repite la actuación en
otros hospitales. Aunque nunca pisó universidad alguna, piensa que es médico.
25 nov 2024
OFICINA DE EMPREGO / OFICINA DE EMPLEO
Una larguísima cola de gente da la vuelta a
la manzana y se pierde de vista. Pregunta qué pasa, pero nadie responde.
Intrigado, se pone al final. Varias horas después, hace amistad con el
compañero de fila y este acaba confesando: ofrecen trabajo de fogonero. En el
infierno.
6 nov 2024
MULLER XL / MUJER XL
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
20 oct 2024
ESTA NOITE NON DURMO / ESTA NOCHE NO DUERMO
![]() |
| Imaxe de internet (editada) |
Hai varias noites
que soño coa mesma historia absurda: atópome diante dunha longa barra de
cafetería ateigada de persoas grises, anódinas, sen rostros significativos. Un
arlequín destaca entre elas, pegado a min, sempre rozando lixeiramente o meu
brazo esquerdo; mira indiferente cara ó outro lado, impedíndome ver a súa cara,
que imaxino pintada de pallaso. Desprende un aroma intenso; resúltame familiar,
pero non logro identificalo. A sensación frustrante de non poder recoñecelo ou
miralo ós ollos incomódame excesivamente, e intento chamar a súa atención
facendo ruído coa miña cunca de café. Xusto nese momento, esperto, desacougada.
Tardo horas en poder esquecer a imaxe, potente, aínda que en branco e negro.
Non me apetece contarllo a ninguén, nin ó marido.
Hoxe, a carón do meu
pixama debaixo da almofada, atopei un traxe de rombos con gorro a xogo que nunca
antes vira na casa. Conseguiu quitarme a respiración. E o sono.
Hace varias noches
que sueño con la misma historia absurda: me encuentro ante una larga barra de
cafetería atestada de personas grises, anodinas, sin rostros significativos. Un
arlequín destaca entre ellas, pegado a mí, siempre rozando ligeramente mi brazo
izquierdo; mira indiferente hacia el otro lado, impidiéndome ver su cara, que
imagino pintada de payaso. Desprende un aroma intenso; me resulta familiar,
pero no logro identificarlo. La sensación frustrante de no poder reconocerlo o
mirarlo a los ojos me incomoda sobremanera, e intento llamar su atención
haciendo ruido con mi taza de café. Justo en ese momento, me despierto,
desasosegada. Tardo horas en poder olvidar la imagen, potente, aunque en blanco
y negro. No me apetece contárselo a nadie, ni al marido.
Hoy, junto a mi
pijama bajo la almohada, encontré un traje de rombos con gorro a juego que nunca antes
había visto en casa. Ha conseguido quitarme la respiración. Y el sueño.
9 oct 2024
ESTREA PROVIDENCIAL / ESTRENO PROVIDENCIAL
Carmiña e seus irmáns medraron preto dun río que imprimía néboas nos ósos e dita estival na alma. Ás veces, nas xornadas calorosas, despois de colaborar en tarefas agrícolas, conseguían permiso paternal para achegarse á corrente mentres súa nai facía o xantar. Coa complicidade da criada acompañante, atravesaban milleirais coma furtivos, ata alcanzar o recanto fluvial secreto onde podían chapuzar canda ela en roupa interior. Sen praia, aquelas bañaduras semellaban a felicidade absoluta. Deixaron de batuxar ás agachadas o día que estrearon traxe de baño, obsequio dun familiar emigrado. Nesa mesma data, un veciño abandonou a pesca.
Carmiña y sus hermanos crecieron cerca de un río que imprimía nieblas en los huesos y dicha estival en el alma. A veces, en las jornadas calurosas, después de colaborar en tareas agrícolas, conseguían permiso paterno para acercarse a la corriente mientras su madre hacía el almuerzo. Con la complicidad de la criada acompañante, atravesaban maizales como furtivos, hasta alcanzar el recanto fluvial secreto donde podían chapotear con ella en ropa interior. Sin playa, aquellos baños parecían la felicidad absoluta. Dejaron de remojarse a escondidas el día que estrenaron traje de baño, obsequio de un familiar emigrado. En esa misma fecha, un vecino abandonó la pesca.


















