POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

Mostrando entradas con la etiqueta CON MOITO AMOR OU ALGÚN PICANTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CON MOITO AMOR OU ALGÚN PICANTE. Mostrar todas las entradas

25 abr 2026

LUNÁTICA


Imaxe procedente de internet


A miña nena era moi caprichosa. Unha noite empeñouse en ver o outro lado da Lúa. Non fomos capaces de retela. Colleu unha mochila e foise dicindo que pronto nos enviaría unha foto. Hoxe hai 40 anos. Seguimos esperándoa.




Mi niña era muy caprichosa. Una noche se empeñó en ver el otro lado de la Luna. No fuimos capaces de retenerla. Cogió una mochila y se fue diciendo que pronto nos enviaría una foto. Hoy hace 40 años. Seguimos esperándola.


1 ago 2025

EFECTO INVERNADOIRO / EFECTO INVERNADERO

 

Viúvo e sen fillos que herden, Xesús despide os traballadores, abandona os cultivos e retírase a consumir saúde e capital. Camila, unha das xornaleiras prexudicadas, algo máis nova cás outras, deixa a casoupa arrendada onde vive e arríscase a cambiar de aires. Despois de longos meses malvivindo na cidade, retorna á mesma aldea coa intención de buscar calquera emprego pola zona e ocupar con discreción un invernadoiro do antigo amo. Escolle o mellor: é de vidro, vese menos deteriorado cós de plástico e está afastado das vivendas. Non será un pazo, pero en sitios peores ten durmido. Camila sabe por experiencia que dispoñer dun teito fixo onde acubillarse resulta fundamental nas entrevistas laborais. Amobla o seu novo habitáculo cunha hamaca vella, a maleta medio baleira, un caldeiro... Por sorte, a billa da rega segue funcionando. Tamén perduran unhas poucas hortalizas aínda comestibles, e bastante herba que arrincar. En días sucesivos, agrega algúns alimentos básicos mais un fornelo portátil. De noite, pasa frío; cando loce o sol, como non hai habitantes cerca, vaise espindo pouco a pouco ata quedar en coiros, para non afogar coa calor. Xesús compra uns prismáticos caros.


Imaxe procedente de internet
Viudo y sin hijos que hereden, Jesús despide a los trabajadores, abandona los cultivos y se retira a consumir salud y capital. Camila, una de las jornaleras perjudicadas, algo más joven que las otras, deja su casucha alquilada y se arriesga a cambiar de aires. Después de largos meses malviviendo en la ciudad, retorna a la misma aldea con la intención de buscar cualquier empleo por la zona y ocupar con discreción un invernadero del antiguo amo. Escoge el mejor: es de vidrio, se ve menos deteriorado que los de plástico y está alejado de las viviendas. No será un palacio, pero en sitios peores ha dormido. Camila sabe por experiencia que disponer de un techo fijo donde cobijarse resulta fundamental en las entrevistas laborales. Amuebla su nuevo habitáculo con una hamaca vieja, la maleta medio vacía, un cubo... Por suerte, el grifo de riego sigue funcionando. También perduran unas cuantas hortalizas todavía comestibles, además de bastante hierba que arrancar. En días sucesivos, agrega algunos alimentos básicos y un hornillo portátil. De noche, pasa frío; cuando luce el sol, como no hay habitantes cerca, se va desnudando poco a poco hasta quedar en cueros, para no achicharrarse. Jesús compra unos prismáticos caros.

  

9 jul 2025

VODA PECULIAR / BODA PECULIAR

 

Os convidados debemos ir vestidos de azul. Os noivos prometen respectar a cor protocolaria e sorprender. É fácil imaxinar, por exemplo, un smóking celeste para el, pero un veo anil ou turquesa... A ningún outro casamento acudín con tanto interese. Primeiro, chega o noivo ataviado con impecable mono de mahón azul. Media hora despois, a noiva supera calquera expectativa aparecendo disfrazada de Pitufina, máscara incluída. Costa traballo convencer ó cura para que os case. E cando criamos que xa nada nos podería impresionar máis, a nova esposada quita a careta para descubrir quen é en realidade: a súa mellor amiga. 


Imaxe procedente de internet

Los invitados debemos ir vestidos de azul. Los novios prometen respetar el color protocolario y sorprender. Es fácil imaginar, por ejemplo, un esmoquin celeste para él, pero un velo añil o turquesa... A ningún otro casamiento acudí con tanto interés. Primero, llega el novio ataviado con impecable mono de mahón azul. Media hora después, la novia supera cualquier expectativa apareciendo disfrazada de Pitufina, máscara incluida. Cuesta trabajo convencer al cura para que los case. Y cuando creíamos que ya nada nos podría impresionar más, la recién esposada quita la careta para descubrir quién es en realidad: su mejor amiga. 

24 mar 2025

AMOR PROPIO


Imaxe procedente de internt


Con terapia, superou a fuxida do seu prometido; non así o trauma por suspender a voda, desperdiciar un vestido carísimo e, sobre todo, quedar sen a viaxe de noivos soñada. As amigas tampouco conseguían animala. E foi murchando lentamente por deficiencia crónica de ilusións. Ata que descubriu o invento denominado sologamia. Despois da matinación correspondente, empregou moitas ganas e tódolos seus aforros en organizar un automatrimonio pomposo, lúa de mel ós fiordes incluída. Pero regresou apesarada do cruceiro. Só ela sabe o motivo: poñerse os cornos co capitán é imperdoable. Non estaba nos seus plans divorciarse tan pronto.



Con terapia, superó la espantada de su prometido; no así el trauma por suspender la boda, desperdiciar un vestido carísimo y, sobre todo, quedarse sin el viaje de novios soñado. Las amigas tampoco conseguían animarla. Y se fue marchitando lentamente por deficiencia crónica de ilusiones. Hasta que descubrió el invento denominado sologamia. Después de la correspondiente rumia mental, empleó muchas ganas y todos sus ahorros en organizar un automatrimonio fastuoso, luna de miel a los fiordos incluida. Pero ha regresado cabizbaja del crucero. Solo ella sabe el motivo: haberse puesto los cuernos con el capitán es imperdonable. No estaba en sus planes divorciarse tan pronto.


 Creado para o concurso A CUNCA de Arzúa. Publicado no libro recopilatorio 2024 de ENTC


30 ene 2025

ASÍ SERÍA

 

Fartas de ver morrer os nosos fillos, puxémonos á fronte. Acabáronse as guerras, a fame, os abusos... O gasto militar foi derivado a investigación científica. Avances notables en xenética e reprodución declararon prescindibles os homes. Decidimos por maioría conservar algúns exemplares coas técnicas máis vangardistas de criopreservación. Desde entón, cada 8 de marzo, celebramos unha xornada de portas abertas nos museos de historia natural, onde permanecen custodiados os devanditos corpos do sexo extinguido. Só durante ese día, están expostos ó público para satisfacción das cidadás que desexen observalos en todo o seu esplendor. 


Imaxe procedente de internet

                                                                                                                                                     

Hartas de ver morir a nuestros hijos, nos pusimos al frente. Se acabaron las guerras, las hambrunas, los abusos... El gasto militar fue derivado a investigación científica. Avances notables en genética y reproducción declararon prescindibles a los hombres. Decidimos por mayoría conservar algunos ejemplares con las técnicas más vanguardistas de criopreservación. Desde entonces, cada 8 de marzo, celebramos una jornada de puertas abiertas en los museos de historia natural, donde permanecen custodiados dichos cuerpos del sexo extinguido. Solo durante ese día, están expuestos al público para satisfacción de las ciudadanas que deseen observarlos en todo su esplendor.

 

10 dic 2024

ILUSIÓN

Imaxe procedente de internet
   


Coma sempre á tardiña, deixaba que a vista voase desde a súa ventá ó horizonte, imaxinando todo o que non consegía divisar. Despois dun bo anaco, sen cambiar de posición, poñía as lentes antimiopía para comprobar que a persiana da veciña de en fronte, baixada un día máis, impedía ver máis aló. 

       



Como cada atardecer, dejaba que la vista volara desde su ventana al horizonte, imaginando todo lo que no alcanzaba a divisar. Después de un buen rato, sin cambiar de posición, ponía las gafas antimiopía para comprobar que la persiana de la vecina de enfrente, bajada un día más, le impedía ver más allá. 



22 nov 2024

O CAPRICHO / EL CAPRICHO

 

El Capricho, de Gaudí

María e Xosé coñecéronse nun cruceiro. Ela celebraba o seu recente título de arquitecta; el estaba de caza. Deixáronse seducir pola concordancia dos seus nomes. Foi interese a primeira vista. 

Regresaron da man camiño do banco, pasando primeiro polo xulgado. María puxo as condicións do matrimonio; Xosé, o capital. O primeiro antollo que a muller esixiu satisfacer foi proxectar e construír a casiña que compartirían. Mentres, cada un seguiría na súa. 

O que prometía ser unha obra de poucos meses, acaba semellando un interminable palacio gaudiano: pórtico exuberante, azulexos orientais, vidreiras multicolores, cúpulas a discreción, minarete… O vello segue louzán e empeñado en consumar. Ela xa non sabe que máis urdir. Quizais un gran invernadoiro apegado…

                                        

        

María y José se conocieron en un crucero. Ella celebraba su reciente título de arquitecta; él estaba de caza. Les sedujo la sinergia de sus nombres. Fue interés a primera vista. 

Regresaron de la mano camino del banco, pasando primero por el juzgado. María puso las condiciones del matrimonio; José, el capital. El primer antojo que la mujer exigió satisfacer fue proyectar y construir la casita que compartirían. Mientras, cada uno seguiría en la suya. 

Lo que prometía ser una obra de pocos meses, acaba remedando un interminable palacio gaudiano: pórtico exuberante, azulejos orientales, vidrieras multicolores, cúpulas a discreción, minarete… El viejo sigue lozano y empeñado en consumar. Ella ya no sabe qué más urdir. Quizás un gran invernadero adosado…


25 oct 2024

MORRIÑA

 

Coñezo os síntomas: mirada nun punto fixo, xesto de medio sorriso, ollos húmidos, atención dispersa... Aínda que a miña nai estea a gusto vivindo comigo, sei que non pode evitar rememorar con tristeza e felicidade simultáneas os momentos ditosos da súa existencia anterior. Cando isto ocorre, debo apartarme, deixarlle o seu espazo, procurar que ese encontro agridoce co pasado sexa o máis privado e reconfortante posible. Pero, desde hai uns meses, substituíu pouco a pouco esa actitude melancólica por comportamentos esporádicos estraños. Ata hoxe. Todo volve á normalidade, deduzo erroneamente. Entón, animosa, atrévome a preguntarlle en que cavila. Espero unha evasiva ou un silencio; e pola contra, contesta tranquila que pensa nos seus netiños porque xa lle tarda volver a velos. Saio correndo para ocultar as miñas bágoas. Eu non teño fillos nin sobriños. 

"Anciana". Cadro procedente de internet.


Conozco los síntomas: mirada en un punto fijo, mueca de media sonrisa, ojos húmedos, atención dispersa... Aunque mi madre esté a gusto viviendo conmigo, sé que no puede evitar rememorar con tristeza y felicidad simultáneas los momentos dichosos de su existencia anterior. Cuando esto ocurre, debo apartarme, dejarle su espacio, procurar que ese encuentro agridulce con el pasado sea lo más privado y reconfortante posible. Pero, desde hace unos meses, ha sustituido poco a poco esa actitud melancólica por comportamientos esporádicos extraños. Hasta hoy. Todo vuelve a la normalidad, deduzco erróneamente. Entonces, animosa, me atrevo a preguntarle en qué cavila. Espero una evasiva o un silencio; sin embargo, contesta tranquila que piensa en sus nietecitos porque ya le tarda volver a verlos. Salgo corriendo para ocultar mis lágrimas. Yo no tengo hijos ni sobrinos. 


21 sept 2024

ALEGRÍA INFINITA

A moza levaba varios meses en estado vexetativo, á espera do seu destino. Cando este chegou inclemente, foi recibido ós pés da cama por unha nai infatigable e serena; o seu rostro reflectía algo parecido á felicidade absoluta, difícil de comprender. Pasados uns días de ineludibles pésames, agradeceu interiormente á amante secreta do seu esposo que a eximise de obrigacións extra e, decidida, dispúxoo todo segundo tiña planeado: aproveitando unha escapada furtiva do marido, chamou ás súas amigas para saciarse de abrazos e aloumiños antes de emprender, a soas, a viaxe que a levaría ó reencontro coa súa amada filla.

Imaxe procedente de internet






La joven llevaba varios meses en estado vegetativo, a la espera de su destino. Cuando este llegó inclemente, fue recibido a los pies de la cama por una madre infatigable y serena, cuyo rostro reflejaba algo parecido a la felicidad absoluta, difícil de comprender. Pasados unos días de ineludibles pésames, agradeció interiormente a la amante secreta de su esposo que la eximiera de obligaciones extra y, decidida, lo dispuso todo según tenía planeado: aprovechando una escapada furtiva del marido, llamó a sus amigas para saciarse de abrazos y mimos antes de emprender, a solas, el viaje que la llevaría al reencuentro con su amada hija.


15 sept 2024

QUINCE ABRÍS / QUINCE ABRILES


Vaia domingo leva: todo o día agradecendo felicitacións ridículas nas redes sociais e por whatsapp. En ningún aniversario anterior recibira tantas. Pero a máis importante non chega. Nin ela nin el; porque lle valería perfectamente un bico en persoa... Ás agachadas, claro, que ninguén sabe o seu. Por iso non para de facer viaxes ó balcón, coa esperanza de velo aparecer pola beirarrúa. Seus pais empezan a desconfiar e resúltalle moi complicado seguir inventando escusas. Acórdase de Julieta: que sorte tiña a tipa, a ela non a facían esperar tanto! Decide que xa está ben de facer o ridículo; asomarase por última vez. E velaí vén o mozo, rodeado dun grupo de músicos, cun ramallete de flores nunha man e unha caixiña na outra.

Romeo, que fas?!!

Romeo? Estás ben, bonita?

Nin ben nin mal: desaparece como unha exhalación, morta de vergonza. Encerrada no seu cuarto, chora o que non está escrito. E perde as cántigas desafinadas da tuna improvisada, o anel de bixutería e unhas fermosas margaridas silvestres.


Imaxe procedente de internet

Menudo domingo lleva: todo el día agradeciendo felicitaciones cursis en las redes sociales y por whatsapp. En ningún cumpleaños anterior había recibido tantas. Pero la más importante no llega. Ni ella ni él; porque le valdría perfectamente un beso en persona... A escondidas, claro, que nadie sabe lo suyo. Por eso no para de hacer viajes al balcón, con la esperanza de verlo aparecer por la acera. Sus padres empiezan a mosquearse y le resulta muy complicado seguir inventando excusas. Se acuerda de Julieta: ¡qué suerte tenía la tía, a ella no la hacían esperar tanto! Decide que ya está bien de hacer el ridículo; se asomará por última vez. Y hete ahí que aparece el mozo, rodeado de un grupo de músicos, con un ramillete de flores en una mano y una cajita en la otra.

¡Romeo, ¿qué haces?!

¿Romeo? ¿Estás bien, preciosa?

Ni bien ni mal: desaparece como una exhalación, muerta de vergüenza. Encerrada en su cuarto, llora lo que no está escrito. Y se pierde los cánticos desafinados de la tuna improvisada, el anillo de bisutería y unas preciosas margaritas silvestres.



15 jul 2024

MAR DE AMORES


Asómase soa polo zapón para ver amencer. Despois, escoita enfeitizada ó seu esposo asubiando, de puro gusto, o bolero dos dous, mentres arrastra as redes ateigadas de peixes agonizantes; e comerán xuntos o guiso que ela mesma preparará a bordo coma sempre, antes de regresar ó porto onde os agarda, impaciente, o seu neno. Ese que xa non o é desde hai tempo, o que viu morrer de pena a un pai rudo, incapaz de soportar a cegueira repentina da súa muller. O mesmo fillo que agora saca a pasear a nai no vello barco de pesca para que a emoción dos recordos lle ilumíne o rostro apagado.



Imaxe procedente de internet
                                         

Se asoma sola por la escotilla para ver amanecer. Luego, escucha embelesada a su esposo silbando, de puro gusto, el bolero de los dos, mientras arrastra las redes colmadas de peces agonizantes; y comerán juntos el guiso que ella misma preparará a bordo como siempre, antes de regresar a puerto donde los espera, impaciente, su niño. Ese que ya no lo es desde hace tiempo, el que vio morir de pena a un padre rudo, incapaz de soportar la ceguera repentina de su mujer. El mismo hijo que ahora saca a pasear a la madre en el viejo barco de pesca para que la emoción de los recuerdos le ilumine el rostro apagado.



11 jun 2023

MIRÓN / VOYERISTA

 

A calor de agosto aliouse coas sufocacións menopáusicas para facerlle a vida imposible. Pasa as noites deambulando pola súa casa en busca do recuncho máis fresco; poucas veces logra durmir antes do albor. A falta de descanso agreoulle tanto o carácter que a veciñanza apenas a saúda. 

Pero atopou solución: á hora da sesta, segura de que ninguén se decata, baixa ata a beira do río. Alí, case espida e tombada á sombra, consegue unhas felices horas de sono profundo.

Está satisfeita porque só pasaron catro días e o veciño da porta xa lle sorrí.

 


El calor de agosto se alió con los sofocos menopáusicos para hacerle la vida imposible. Pasa las noches deambulando por su casa en busca del rincón más fresco; pocas veces logra dormir antes del alba. La falta de descanso le agrió tanto el carácter que el vecindario apenas la saluda. 

Pero ha encontrado solución: a la hora de la siesta, segura de que nadie se entera, baja hasta la orilla del río. Allí, casi desnuda y tumbada a la sombra, consigue unas felices horas de sueño profundo.

Está satisfecha porque solo han pasado cuatro días y el vecino de al lado ya le sonríe.



14 sept 2022

ATERRAXES / ATERRIZAJES


Laura namorouse do seu anxo da garda, pero ninguén a cre. Traballador, discreto, sempre atento... É a parella ideal. Cando Felipe descobre quen é o seu rival, non pode parar de rir. Laura desgústase, non por ela, senón polo pobre querubín que sempre está presente. O noivo continúa actuando coma se nada: convídaa a cear, quere que sigan durmindo xuntos... Ela rexéitao, mais non consegue afastalo. Toma unha drástica decisión: escapará a un lugar onde non cuestionen a súa nova relación. Solicita a baixa laboral e compra un billete de avión para Oslo. Volve á casa e sobe lixeira as escaleiras; debe ultimar algunhas cuestións da viaxe. Ó pisar o último chanzo, dá un tropezón e roda ata o fondo. Dóelle todo. Onde está o seu custodio? Nunca antes lle fallara. Outro que foxe do compromiso! Chora desconsolada. Desde arriba, o anxo míraa con pena. Sente deixala, pero aclimatouse a planear baixo e agora non desexa voar sobre as nubes nin aguantar o frío escandinavo. Na vivenda contigua esperan un bebé, e xa solicitou ó xefe que lle reserve o posto de protector da criatura. Felipe, casualmente, aparece no portal e auxilia a Laura.

(Imaxe procedente de internet)



Laura se ha enamorado de su ángel de la guarda, pero nadie la cree. Trabajador, discreto, siempre atento... Es la pareja ideal. Cuando Felipe descubre quién es su rival, no puede parar de reír. Laura se disgusta, no por ella, sino por el pobre querubín que siempre está presente. El novio continúa actuando como si nada: la invita a cenar, quiere que sigan durmiendo juntos... Ella lo rechaza, mas no consigue alejarlo. Toma una drástica decisión: se escapará a un lugar donde no cuestionen su nueva relación. Solicita la baja laboral y compra un billete de avión para Oslo. Vuelve a casa y sube rauda las escaleras; debe ultimar algunas cuestiones del viaje. Al pisar el último escalón, da un traspié y rueda hasta el fondo. Le duele todo. ¿Dónde está su custodio? Nunca antes le había fallado. ¡Otro que huye del compromiso! Llora desconsolada. Desde arriba, el ángel la mira con pena. Siente dejarla, pero se ha aclimatado a planear bajo y ahora no desea volar sobre las nubes ni aguantar el frío escandinavo. En la vivienda contigua esperan un bebé, y ya ha solicitado al jefe que le reserve el puesto de protector de la criatura. Felipe, casualmente, aparece en el portal y auxilia a Laura.


21 ago 2022

CALCULADORA


Tampouco hoxe atopei traballo. Resulta esgotador deambular todo o día pola cidade para xustificar o fracaso. Pero ten recompensa ó chegar a casa: “Cariño, como che foron as cousas na fábrica? Se queres cea, terás que facela;  eu voume deitar, estou derreada. Procura non espertarme”. 

Seguirei co meu plan de non conseguir emprego mentres a conta dos agasallos da voda teña saldo. Debo acordarme de apartar unha cantidade suficiente para o divorcio. 

(Imaxe procedente de internet)



Tampoco hoy encontré trabajo. Resulta agotador deambular todo el día por la ciudad para justificar el fracaso. Pero tiene recompensa al llegar a casa: “Cariño, ¿cómo te han ido las cosas en la fábrica? Si quieres cena, tendrás que hacerla;  yo me voy a acostar, estoy exhausta. Procura no despertarme”.

Seguiré con mi plan de no conseguir empleo mientras la cuenta de los regalos de la boda tenga saldo. Debo acordarme de apartar una cantidad suficiente para el divorcio.


2 ago 2022

PEZOÑAS / PONZOÑAS

 

Instala colmeas no xardín porque a súa esposa é alérxica ás abellas. Xa pode marchar da casa tranquilo: a muller non se atreverá a saír.

Mentres el blasfema tentando salvar os enxames, ela atrae avespas asasinas con marmelada de arandos; confía en que a libere a praga de velutinas.

 


(Imaxe procedente de internet)

Instala colmenas en el jardín porque su esposa es alérgica a las abejas. Ya puede marchar de casa tranquilo: la mujer no se atreverá a salir.

Mientras él blasfema intentando salvar los enjambres, ella atrae avispas asesinas con mermelada de arándanos; confía en que la libere la plaga de velutinas.



14 feb 2022

O CONTO DA AVOA / EL CUENTO DE LA ABUELA

 

Xa plantara varias árbores e tiña catro fillos, pero unha enfermidade terminal impedíalle cumprir a terceira condición para estar tranquilo. A súa muller de boa gana o axudaría, mais era imposible porque fora pouco á escola. Como lle doía velo sufrir, buscou unha solución: levoulle o libro de familia ao hospital e convenceuno de que non podería escribir outro mellor ca ese. El apertouno contra o peito, sorriu e deixouse ir.


A viúva durou anos dabondo para contarnos esta historia aos bisnetos moitas veces. Nós rimos; ela enfádase. E disque non pensa morrer ata que a tomemos en serio.

(Imaxe procedente de internet)

Ya había plantado varios árboles y tenía cuatro hijos, pero una enfermedad terminal le impedía cumplir la tercera condición para estar tranquilo. Su mujer lo ayudaría encantada, mas era imposible porque había asistido poco a la escuela. Como le dolía verlo sufrir, buscó una solución: le llevó el libro de familia al hospital y lo convenció de que no podría escribir otro mejor que ese. Él lo apretó contra el pecho, sonrió y se dejó ir.


La viuda duró años suficientes para contarnos esta historia a los bisnietos muchas veces. Nosotros reímos; ella se enfada. Y por lo visto no piensa morir hasta que la tomemos en serio.




3 ene 2021

MISIVA PREVENTIVA

 

          Querida persoa:

          Se estás lendo esta carta, será que tiveches acceso á miña intimidade. Non é preciso que o fagas ás agachadas; aínda que non leve enderezo, ía dirixida a ti. Escribina hai moito tempo en previsión deste acontecer. Atoparás outras se rebuscas polos caixóns ou entre a roupa, pero todas din o mesmo: grazas. Por estar aquí, por converterte en guía e bastón imprescindibles, por non abandonarme coma un trapo vello. Supuxen que, chegado este momento, non sabería demostrarche o meu amor. Por iso deixei ó teu alcance estas letras prefabricadas. Espero que elas e o meu presunto sorriso parvo che inspiren tenrura, ou compaixón polo menos; que o rozamento obrigado coa miña pel non che produza fastío. Seguramente xa non lembre o teu nome nin poida distinguir se es un dos meus fillos ou a coidadora asalariada que os libera desta carga. Nin sequera saberei con certeza se parín algunha vez, pero creo que, sexas quen sexas, merecerás gratitude e consideración infinitas. E abusando da túa xenerosidade, atrévome a suplicarche un último favor: non deixes que a miña demencia anule a túa dita. Cando chegues ó bordo dese precipicio, utiliza a caixa forte: dentro acharás todo o necesario para actuar sen rastro e compensar os teus remordementos. A clave de apertura está tatuada no meu lombo.

Imaxe procedente de internet

         Un abrazo eterno.

 

        
Querida persona:

          Si estás leyendo esta carta, será que has tenido acceso a mi intimidad. No hace falta que lo hagas a escondidas; aunque no lleve señas, iba dirigida a ti. La he escrito hace mucho tiempo en previsión de este acontecer. Encontrarás otras si rebuscas por los cajones o entre la ropa, pero todas dicen lo mismo: gracias. Por estar aquí, por convertirte en guía y bastón imprescindibles, por no abandonarme como a un trapo viejo. Supuse que, llegado este momento, no sabría demostrarte mi amor. Por eso he dejado a tu alcance estas letras prefabricadas. Espero que ellas y mi presunta sonrisa tonta te inspiren ternura, o compasión al menos; que el roce obligado con mi piel no te produzca rechazo. Seguramente ya no recuerde tu nombre ni pueda distinguir si eres uno de mis hijos o la cuidadora asalariada que los libera de esta carga. Ni siquiera sabré con certeza si he parido alguna vez, pero creo que, seas quien seas, merecerás gratitud y consideración infinitas. Y abusando de tu generosidad, me atrevo a suplicarte un último favor: no dejes que mi demencia anule tu dicha. Cuando hayas llegado al borde de ese precipicio, utiliza la caja fuerte: dentro hallarás todo lo necesario para actuar sin rastro y compensar tus remordimientos. La clave de apertura está tatuada en mi espalda.

         Un abrazo eterno.



1 ene 2020

POR AMOR



Síntoo. Aínda que sei que a espera te martiriza, ata agora non fun capaz. A túa mirada suplicante conmóveme, pero, comprende, facerme á idea resultou moi difícil. Hoxe si estou decidida a ofrecerche o que tanto desexas. Todo está disposto para que saia perfecto: esta noite estaremos sós ti e eu, como che prometín. Haberá que afeitar esa barba, que xa rasca, porque quero bicarte máis ca nunca. Despois, abrirei a gaiola do teu corpo tullido para que poidas voar, ó fin. A miña alma, en troques, quedará prisioneira dunha tristeza eterna.



(Imaxe procedente de internet)
Lo siento. Aunque sé que la espera te martiriza, hasta ahora no he sido capaz. Tu mirada suplicante me enternece, pero, comprende, hacerme a la idea ha resultado muy difícil. Hoy sí estoy decidida a ofrecerte lo que tanto deseas. Todo está dispuesto para que salga perfecto: esta noche estaremos solos tú y yo, como te he prometido. Habrá que afeitar esa barba, que ya rasca, porque quiero besarte más que nunca. Luego, abriré la jaula de tu cuerpo tullido para que puedas volar, al fin. Mi alma, en cambio, quedará cautiva de una tristeza eterna.

2 sept 2019

PREVESE MARUSÍA / SE PREVÉ MAREJADA


                                           
María sorprende a Rafael con dúas entradas para a última de Torrente. Pero ó final, a muller indisponse e ten que ir só. 

Acomódase deixando libre a butaca do corredor, a que elixiría ela. A media proxección, alguén ocupa o asento baleiro. Minutos despois, rózalle unha perna. El interprétao como barra libre e, sen quitar a vista da pantalla, investiga coa man: a compañía ten saia curta. A dona da faldra facilítalle a abordaxe afrouxando pernas e botóns. A película cambia axiña de xénero e escenario; menos mal que é na última fila. 

O fin e a luz chegan demasiado pronto. Rafael permanece no asento, concentrado en devolver a certo órgano a súa posición discreta. María desaparece.

(Imaxe procedente de internet)
            
María sorprende a Rafael con dos entradas para la última de Torrente. Pero al final, la mujer se indispone y tiene que ir solo.

Se acomoda dejando libre la butaca del pasillo, la que hubiera elegido ella. A media proyección, alguien ocupa el asiento vacío. Minutos después, le roza una pierna. Él lo interpreta como barra libre y, sin quitar la vista de la pantalla, investiga con la mano: la compañía tiene falda corta. Su dueña le facilita el abordaje aflojando piernas y botones. La película cambia enseguida de género y escenario; menos mal que es en la última fila.

El fin y la luz llegan demasiado pronto. Rafael permanece en el asiento, concentrado en devolver a cierto órgano su posición discreta. María desaparece.


23 oct 2018

CALCULADORA



(Imaxe procedente de internet)
Cada infidelidade cóntalla á súa muller con todo luxo de detalles. Ela simula enfado, pero non se aflixe; sabe que será tamén honesto coas outras e que pouco lle durarán. Cando volva rendido, aí estará facendo de paciente esposa para consolalo e… cobrarlle o favor.




Cada infidelidad se la cuenta a su mujer con todo lujo de detalles. Ella simula enfado, pero no se aflige; sabe que será igualmente honesto con las otras y que poco le durarán. Cuando vuelva rendido, ahí estará haciendo de paciente esposa para consolarlo y… cobrarle el favor.