POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 jun 2026

BEGOÑA


Vas abrindo vellas portas
mentres pechas unha etapa.
Vas buscando novas vidas
que te esperan desde hai séculos.
Vas vivindo
mentres segues soñando.




Vas abriendo viejas puertas
mientras cierras una etapa.
Vas buscando nuevas vidas
que te esperan hace siglos.
Vas viviendo
mientras sigues soñando.




Texto e imaxe publicados no libro 
“EI TÁN... as portas de Boal”  /  “AHÍ ESTÁN... las puertas de Boal”

No hay comentarios: