POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 ago 2022

CALCULADORA


Tampouco hoxe atopei traballo. Resulta esgotador deambular todo o día pola cidade para xustificar o fracaso. Pero ten recompensa ó chegar a casa: “Cariño, como che foron as cousas na fábrica? Se queres cea, terás que facela;  eu voume deitar, estou derreada. Procura non espertarme”. 

Seguirei co meu plan de non conseguir emprego mentres a conta dos agasallos da voda teña saldo. Debo acordarme de apartar unha cantidade suficiente para o divorcio. 

(Imaxe procedente de internet)



Tampoco hoy encontré trabajo. Resulta agotador deambular todo el día por la ciudad para justificar el fracaso. Pero tiene recompensa al llegar a casa: “Cariño, ¿cómo te han ido las cosas en la fábrica? Si quieres cena, tendrás que hacerla;  yo me voy a acostar, estoy exhausta. Procura no despertarme”.

Seguiré con mi plan de no conseguir empleo mientras la cuenta de los regalos de la boda tenga saldo. Debo acordarme de apartar una cantidad suficiente para el divorcio.


No hay comentarios: