POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

10 ago 2022

CHASCO

 

Toda a vida aguantando tentacións, facendo sacrificios, vivindo na casa dos sogros, soportando os cuñados… coa esperanza de recibir ó final a recompensa merecida: o silencio e a paz que nunca tivo. E atópase con isto! Non contaba con que o ceo estivese tan concorrido, a verdade.

(Imaxe procedente de internet)

Toda la vida aguantando tentaciones, haciendo sacrificios, viviendo en casa de los suegros, soportando a los cuñados… con la esperanza de recibir al final la recompensa merecida: el silencio y la paz que nunca tuvo. ¡Y se encuentra con esto! No contaba con que el cielo estuviera tan concurrido, la verdad.


No hay comentarios: