POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 oct 2021

PORTAS / PUERTAS




Vive entre dúas portas, unha aberta e outra pechada. Cada día cambia de dirección: ora diríxese cara á aberta para  entornala, por se acaso; ora bate de bruzos contra a pechada, por se cede. Ignora que ambas son a mesma, que só na súa fantasía abren ou cerran. En realidade, nin existen. A cordura allea pon valos ficticios ó seu campo, máis altos do que se atreve a saltar. O día que descubra que son de fráxil cristal, que escacharán ó primeiro berro, será libre no medio da nada, do espazo infinito, da inmensidade sen fronteiras.  E entón… si botará en falta a porta da súa casa.



Vive entre dos puertas, una abierta y otra cerrada. Cada día cambia de dirección: ora se dirige a la abierta para entornarla, por si acaso; ora se da de bruces con la cerrada, por si cede. Ignora que ambas son la misma, que solo en su fantasía abren o cierran. En realidad, ni existen. La cordura ajena pone vallas ficticias a su campo, más altas de lo que se atreve a saltar. El día que descubra que son de frágil cristal, que romperán en añicos al primer grito, será libre en medio de la nada, del espacio infinito, de la inmensidad sin fronteras.  Y entonces… sí echará de menos la puerta de su casa.


(Texto publicado no libro  AHÍ ESTÁN... las puertas de Boal  /  EI TÁN... as portas de Boal)


5 comentarios:

Maribel dijo...

Moi ben!!!!.
Ten moito para pensar.
Bo traballo!!!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moi amable, cogumela. Moitas grazas.

Anónimo dijo...

Ummmmhhhh... non sei se me gusta ou non o q contas aí... :-)

Anónimo dijo...

O que sí me gusta é a foto, jajajaaaa

Edita Nogueira Tallón dijo...

Claro, a foto, Sr. Anónimo. jajaja.