POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 oct 2021

MOLESTO

 

A mestra sempre me ata á mesa, ponme esparadrapo na boca... Tamén chama a meus pais, pero non acoden.

Hoxe penduroume no colgadoiro. Os nenos rían.

Marcharon sen min. Sigo suspendido. Quero mexar.  

 


(Imaxe procedente de internet)

La profe siempre me ata a la mesa, me pone esparadrapo en la boca... También llama a mis padres, pero no acuden.

 Hoy me colgó del perchero. Los niños reían.

 Se fueron sin mí. Sigo suspendido. Quiero hacer pis.

 


No hay comentarios: