POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 ene 2013

RIVALIDADE DOMÉSTICA / RIVALIDAD DOMÉSTICA


Hoxe mamá vaino intentar coa pistola, espero que esta vez o consiga. Xa probou de tódalas maneiras, ata cun coitelo. Vese impotente, desesperada… Todo empezou hai un par de meses cando papá, un domingo, chegou todo fachendoso ó comedor coa máis enlarafuzada do mundo. A min encantoume, pero mamá quedou como se lle desen unha labazada e non probou bocado. Dende aquela, non houbo máis paz na casa. Tan farto me ten, que eu mesmo lle conseguín a pistola por internet. A ver se con esta argallada de plástico, consegue, ó fin, humillar a papá decorando as miñas amburguesas con varias salsas. ¡Non soporta que ninguén lle leve a dianteira na cociña!

 (Imaxe baixada de internet)




Hoy mamá lo va a intentar con la pistola, espero que esta vez lo consiga. Ya ha probado de múltiples maneras, incluso con un cuchillo. Se ve impotente, desesperada… Todo empezó hace un par de meses cuando papá, un domingo, llegó todo chulito al comedor con la más pintarrajeada del mundo. A mí me encantó, pero mamá se quedó helada y no probó bocado. Desde entonces, no ha habido paz en casa. Tan harto me tiene, que yo mismo le conseguí la pistola por internet. A ver si con este artilugio  de plástico consigue, al fin, humillar a papá decorando mis amburguesas con varias salsas. ¡No soporta que nadie le supere en la cocina!


4 comentarios:

Eutimos dijo...

Muy divertido y sorprendente el final.¡Que bien que has cambiado de registro y te has pasado al humor!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Bueno..., teño que recoñecer que tirei de arquivo. Todo o que me sae na actualidade teríao que poñer coa mesma etiqueta: DOR E BÁGOAS. Pero os lectores non teñen culpa e fixen o esforzo de subir algo menos negro.

suaseiras dijo...

Está crítica a cousa nesa cociña,,,
Décheslle unha boa reviravolta :))

Edita Nogueira Tallón dijo...

A cociña éche moi mal sitio...